Notas


A aplicación Notas permite crear, xestionar e compartir notas de texto con formato markdown en Boxabalar e en calquera dispositivo móbil. 

Para acceder á aplicación, usaremos a icona na barra de iconas da parte superior:


Acceder a notas


Cando accedemos a aplicación por primeira vez atoparemos un botón na parte superior esquerda que nos permitirá crear a nosa primeira nota. Na parte inferior atoparemos enlaces ás aplicacións móbiles que, conectadas a nosa conta de boxabalar, permitirannos crear e xestionar as nosas notas.


Crear nota


Cando premamos o botón "+ Nova nota" veremos na lista da columna esquerda o nome da nosa nova nota, que será "Nova nota". 


editar nota 


Á dereita do nome da nota, teremos un menú de 3 puntos que nos permitirá:

  • Engadir a nota a favoritos: Isto fará que apareza sempre na parte superior da lista de notas.
  • Compartir: Permite compartir a nosa nota con outros usuarios (ver máis abaixo).
  • Sen categorizar: Permite crear categorías para organizar as nosas notas.
  • Cambiar o nome: Permite renomear a nota.
  • Eliminar nota: Permite borrar a nota.

Na parte dereita teremos o espazo para edición, que usaremos para editar a nosa nota usando se o desexamos as iconas da parte superior para dar formato á nota. Na parte inferior temos catro botóns coa seguinte función:

  • 1.- Ligazón a ficheiro ou cartafol: Permítemos engadir á nota un ficheiro ou cartafol da aplicación de ficheiros en boxabalar. 
  • 2.- Enviar: Permite subir un ficheiro desde o noso ordenador para achegalo á nota.
  • 3.- Inserir unha táboa: Permite engadir e editar táboas dentro da nosa nota.
  • 4.- Selector intelixente: abre unha ventá que nos permite atopar ficheiros dentro da aplicación ficheiros en boxabalar.

Se queremos usar estes catro botóns, teremos que facelo antes de empezar a escribir a nota, pois cando empecemos a escribir desaparecerán. Porén, durante a edición, poderemos usar o carácter "/" para levar a cabo moitas das súas funcións.


Importante

Observacións sobre a achega de ficheiros dentro das notas.

Cando inserimos un ficheiro dentro dunha nota debemos asegurarnos de compartir ese ficheiro (usando a aplicación Ficheiros) con todas as persoas coas que teñamos previsto compartir a nota . En caso contrario, esas persoas coas que compartamos a nota non poderán ver o ficheiro.


Merece mención especial a opción "Compartir" do menú de tres puntos. Esta opción, ademais de permitir compartir a nota, ofrece funcións adicionais:


Compartir


1.- Actividade: Ver a actividade da nosa nota: data de creación, cambios e usuarios que os levaron a cabo.

2.- Compartindo: Permite compartir a nota con outros usuarios de boxabalar (Comparticións internas) ou con co outros usuarios por medio de correo electrónico ou ligazón pública (Comparticións externas)  

3.- Versións: Esta sección permite ver todas as versións gardadas da nosa nota:


Versións



No menú de tres puntos á dereita de cada versión teremos un menú adicional que nos permitirá levar a cabo as funcións que se aprecian na imaxe superior.

consello

Non é necesario gardar os cambios nas notas.

Os cambios gardaranse automaticamente cada poucos segundos cando fagamos modificacións. Cada modificación creará unha nova versión do documento.


Finalmente, na parte inferior esquerda da pantalla da aplicación Notas, o botón "Axustes de notas" da acceso a unha pantalla de configuración:


axustes


Nesta pantalla poderemos:

1.- Cambiar o formato de texto empregado nas notas

2.- Cambiar a extensión dos ficheiros creados

3.- Cambiar o directorio onde se gardarán as notas na aplicación "Ficheiros" (por defecto "Notas")

4.- Ver unha lista de atallos de teclado que poderemos empregar na aplicación.

Tamén disporemos de enlaces para descargar a aplicación para dispositivos móbiles.