Contidos e materiais formativos sobre servizos e ferramentas corporativas no marco do proxecto Abalar

Manual de usuario para o emprego da aplicación de almacenamento, acceso e compartimento de ficheiros na nube BoxAbalar para o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

Os paneis dixitais interactivos veñen a substituír os tradicionais kits de aula dixital compostos por unha pizarra dixital interactiva, un videoproxector, un ordenador de aula e altofalantes, xa que integran completamente as funcionalidades anteriores e supoñen unha mellora significativa das mesmas.

Esta documentación recolle os datos de configuración da nova rede Wi-Fi corporativa edu.xunta.gal.

Unha aplicación para o persoal docente que vai permitir consultar e enviar mensaxes ás familias a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. 

“Falemos Edu” é unha das aplicacións empregadas na Xunta de Galicia baseada no software libre JITSI para realizar reunións virtuais, video-reunións e video-conferencias, garantindo en todo momento a confidencialidade e a seguridade nas comunicacións.

Webex é unha das aplicacións empregadas na Xunta de Galicia para realizar reunións virtuais. Require que o usuario da aplicación dispoña dun ordenador con conexión a internet, micrófono e altofalante (ou cascos que inclúan ambas funcións) e unha cámara web. Ademáis, o profesorado convocante de cada reunión debe estar dado de alta previamente no servizo.

Moodle é unha plataforma web pensada para a formación a distancia que se sustenta sobre un sistema tecnolóxico ao que podemos denominar como de web dinámica e cunha estrutura pedagóxica que inclúe elementos do contrutivismo e do construcionismo.

Coa app Moodle Mobile, todos os teus cursos móstranse nunha lista con acceso fácil aos contidos, participantes, cualificacións e notas. Tamén podes acceder ao perfil de cada participante e contactar con eles pulsando sobre os seus datos de contacto. A app permite visualizar as actividades do curso e descargar os materiais que queiras usar off-line.

Os armarios de carga (modelos "Educar" e "APD"), están pensados para a almacenaxe e carga dos portátiles do proxecto Abalar/Edixgal e están configurados de fábrica para as características específicas do equipamento do proxecto. Esta configuración predeterminada permite que os armarios comencen a funcionar normalmente e de forma inmediata cando chegan aos centros educativos, simplemente conectándoos a unha fonte de alimentación eléctrica.

Unha rede é un conxunto de dispositivos físicos "hardware" e de programas "software", coa que podemos comunicar computadoras e equipos electrónicos para compartir recursos (impresoras, programas, aplicacións, etc.) así como traballo (tempo de cálculo, procesamento de datos, etc.). A cada unha das computadoras conectadas á rede chamámoslle nodo.

Manuais e guías de usuario do software incorporado nas maquetas Abalar e AbalarLibre.