Os dispositivos móbiles permiten dispoñer deles as 24 horas do día, pódese aprender na casa, agardando o autobús, no parque, na rúa, ... aumentando as oportunidades para o aprendizaxe formal e informal.
Existe unha gran variedade de dispositivos móbiles, portátiles, netbooks, ebooks, tabletas..., pero sen dúbida o smartphone, pola súa versatilidade, parece ser o dispositivo por excelencia en determinados entornos educativos.
Os dispositivos móbiles proporcionan un gran potencial educativo, polas funcionalidades que incorporan: conectividade, xeolocalización, apps, gravación, creación, publicación, compartir información ...
Coa app Moodle Mobile, todos os teus cursos móstranse nunha lista con acceso fácil aos contidos, participantes, cualificacións e notas. Tamén podes acceder ao perfil de cada participante e contactar con eles pulsando sobre os seus datos de contacto. A app permite visualizar as actividades do curso e descargar os materiais que queiras usar off-line.
Os alumnos poden acceder ás súas cualificacións nos cursos que están matriculados e os profesores poden ver os envíos das tarefas dos seus alumnos
As características innovadoras da aplicación móbil de Moodle (Moodle Mobile) pódense utilizar para crear cursos adaptados para dispositivos móbiles, o que permite aos estudantes participar mellor co aprendizaxe móbil a través dunha maior colaboración, unha mellor experiencia e unha mellor accesibilidade.