Calendario de citas


O calendario de citas permite que un usuario poida crear un sistema seguro para que outras persoas poidan solicitar citas con el, citas que se engadirán ao calendario do organizador e do solicitante.

Para crear un novo calendario de citas, iremos á sección do calendario premendo a súa icona na barra de iconas da parte superior e logo premeremos o signo "+" á dereita de "Calendarios de citas"


acceso a citas


Accederemos entón á pantalla de creación de calendarios de citas. Na parte superior desta pantalla poderemos:


citas superior


  • Nome da cita: dar un nome á cita.
  • Localización: engadir unha localización asociada á cita
  • Descrición: escribir una descrición para a cita.
  • Calendario: escoller o calendario no que figurarán as citas concertadas.
  • Visibilidade: definir a visibilidade da cita. Se o definimos como "Privado", só poderán acceder a ela aquelas persoas que dispoñan do enlace. Se a establecemos como "Público", verana todos os usuarios que accedan ao noso perfil.
  • Duración: establecer a duración da cita.
  • Incrementos: indicar o período de tempo entre citas.
  • Calendarios adicionais para comprobar se hai conflitos: se indicamos un calendario, o sistema comprobará que non esteamos creando citas os días e horas nas que esteamos ocupados en eventos dese calendario.   

Na parte central poderemos definir os días e intervalos horarios nos que aceptaremos citas, tendo a posibilidade de engadir, modificar e borrar franxas:

citas medio 


Nota: Os días nos que non establezamos ningunha franxa horaria aparecerán como non dispoñibles (Na imaxe superior, sábado e domingo)


Finalmente, na parte inferior poderemos:


citas inferior


  • Engadir tempo antes e despois do evento: definir un período en minutos antes e despois de cada cita.
  • Restricións de planificación: definir o tempo entre as franxas horarias dispoñibles e o número máximo de franxas por día.
  • Limita ata onde se poden reservar citas futuras: definir o período de tempo que o sistemas ofrecerá a outros usuarios para concertar as súas citas con nos, desde unha semana á un ano.

Unha vez creado o noso calendario de citas, verémolo baixo "Calendarios de citas" na sección do calendario e poderemos usar o menú de tres puntos á súa dereita para:


copiar ligazon 


  • Vista previa: visualizar como verán o sistema de citas creado os usuarios que teñan acceso a el.
  • Copiar a ligazón:  obter a ligazón que enviaremos a outros usuarios para que poidan conectar citas con nos.
  • Editar: volver á pantalla de edición da cita.
  • Eliminar: borrar a cita.

Agora só queda que fagamos chegar o enlace que obtivemos en "Copiar a ligazón" a os posibles solicitantes de citas. Cando estes usuarios preman no enlace verán unha primeira pantalla


solicitar cita 1


na que poderá escoller un día e franxa horaria das definidas na nosa configuración da cita excluíndo as franxas horarias xa escollidas por outros usuarios.

Unha vez escollido o día e a franxa horaria, amosarase unha segunda pantalla na que verán un resumo da información na parte esquerda e na dereita poderán indicar o seu nome, correo electrónico e escribir unha mensaxe opcional que recibirá o creador da cita.


solicitar cita 2


Nota: Se o usuario co que compartimos a cita ten conta en BoxAbalar, os campos "O seu nome" e "O seu enderezo de correo" aparecerán cubertos automaticamente.

Finalmente, os usuarios terán a opción de volver á pantalla de selección de día e franxa horaria usando o botón "Atrás" ou ben de finalizar o proceso premendo "Concertar cita".

Ao rematar este proceso de concertación de cita, o sistema pide ao solicitante da cita que lea o correo de confirmación que se lle enviou ao enderezo indicado durante o proceso de solicitude:

Solicitar confirmacion cita 


O correo conterá un botón "Confirmar" que lle permitirá confirmar a cita:

confirmar cita

Esta mensaxe de confirmación terá unha validez de 24 horas e a cita descartarase se o usuario non a confirma nese período. 

Unha vez confirmada a cita desde o correo, BoxAbalar informará ao usuario da reserva da súa cita:


Cita confirmada


Neste momento, o creador da cita recibirá unha notificación por correo (se non ten desactivadas estas notificacións no apartado "Axustes do usuario") informándolle da solicitude de cita. 

Ademais, crearase un evento asociado á cita concertada no calendario especificado na configuración do calendario de citas. O nome deste evento terá o nome da persoa solicitante. Se preme no evento poderá ver todos os detalles sobre a cita.

cita en calendario


Poderá usar o menú dos tres puntos da parte superior para exportar, duplicar ou eliminar a cita. Na parte inferior terá a posibilidade de "Declinar" a cita ou marcala como aceptada provisionalmente.

Tanto o organizador da cita como os solicitantes recibirán información da concertación da cita tanto por correo electrónico como polo sistema de notificacións do interface web, do cliente de escritorio e das aplicacións móbiles asociadas ás súas contas.