Aplicacións móbiles
Aplicacións móbiles
Para poder acceder aos servizos de BoxAbalar, tan só será preciso instalar no dispositivo móbil android ou ios unha aplicación. No apartado "Móbil e escritorio" atoparemos enlaces a estas aplicacións.
Se o noso dispositivo usa o sistema operativo android, despois de instalar e abrir a aplicación, o primeiro que teremos que facer será introducir o enderezo de BoxAbalar: https://boxabalar.edu.xunta.gal

Unha vez que se introduzan os datos de usuario (credenciais do usuario da conta edu.xunta.gal) e contrasinal xa se poderá acceder aos ficheiros a través do dispositivo móbil (smartphone, tablet…).
Ao abrir a App, amósase o panel de xestión dos ficheiros xa que, a diferenza da aplicación web, non conta coa vista do taboleiro.
Máis aló do seu aspecto adaptado á dimensións das pantallas móbiles, as diferentes opcións que ofrece a App son as mesmas que na aplicación web, polo que só se explicarán aquelas que sexan diferentes.
Desde esta pantalla pódese acceder aos ficheiros e cartafoles de forma análoga ao interface web.

Para administrar os ficheiros deberase premer sobre o botón “+” situado ao pé da listaxe de ficheiros e cartafoles (1).
Ao facelo mostraranse unha serie de opcións para os ficheiros e cartafoles :
- Subir arquivos.
- Crear na nube arquivos de texto, follas de cálculo, documentos, presentacións.
- Engadir información do cartafol.
- Escanear documentos, tirar unha foto e subila a AbalarBox como un arquivo pdf.
- Crear un novo cartafol
Á dereita de cada un dos ficheiros ou cartafoles atópase dispoñible unha opción identificada por tres puntos “...” (2) que permite acceder ás seguintes funcionalidades sobre o ficheiro ou cartafol seleccionado:

- Engadir a favoritos
- Ver os detalles: da acceso aos comentarios, ao rexistro de actividade desde ficheiro ou cartafol e ás opcións para compartilo.
- Compartir: para compartir cun usuario ou ben por medio dunha ligazón.
- Renomear
- Mover ou copiar
- Borrar, enviar a ficheiros eliminados.
- Sincronizar: para almacenar localmente unha copia sincronizada dun arquivo ou cartafol, ou ben para deixar de sincronizalo.
- Exportar: para descargar unha copia local dun arquivo e abrilo con outra das Apps instaladas nese dispositivo móbil.
Desde o botón “≡”, á esquerda da caixa de procura (3), accederase ás seguintes opcións:
- Subidas: rexistro histórico dos ficheiros e cartafoles subidos dende o dispositivo.
- Todos los archivos: ir ao panel de xestión de ficheiros
- Actividades: rexistro de actividade
- Compartido: ficheiros que foron compartidos con outras persoas.
- Configuración: configuración xeral sobre App, como poder acceder aos ficheiros Favoritos sen conexión a Internet, bloqueos, protección con contrasinal...etc.
- Multimedia: a galería
- Archivos eliminados: papeleira de reciclaxe.
- Notificaciones: rexistro histórico de avisos.
- En el dispositivo: arquivos e cartafoles dos que se conta cunha copia descargada no dispositivo.
