Taboleiro


O taboleiro é a pantalla inicial que vemos cando accedemos á nosa conta en BoxAbalar.

Por defecto amosa dous trebellos:

  • Ficheiros recomendados:  unha lista de ficheiros cos que estivemos traballando recentemente 
  • Próximos eventos: Unha lista dos próximos eventos nos nosos calendarios.

Podemos cambiar o aspecto do tabolerio usando o botón "Personalizar" da parte inferior:


Inicio


Accederemos entón a unha pantalla na que poderemos, marcando ou desmarcando as caixas a súa carón, desactivar os dous trebellos por defecto ou activar outros novos:


Personalizar


  • Estado: indica o noso estado
  • Actividade recente: contén un rexistro da nosa actividade recente na aplicación
  • Neste día: amosa imaxes aloxadas na nosa conta con data de creación no mesmo día que o actual.
  • Estados recentes: indica os cambios recentes no noso estado.

Cando activamos o botón estado, se non temos un estado activado, aparecerá un botón que nos permite definilo


Definir estado


Co que poderemos escoller un estado ou definir unha mensaxe de estado que poderán ver outros usuarios da aplicación . 

O estado tamén pode definirse desde o menú que aparece cando prememos na icona coas nosas iniciais na esquina superior dereita de BoxAbalar.


definir estado