Axustes do usuario
Axustes do usuario
No menú axustes existen opcións que permiten que os usuarios poidan xestionar varios aspectos do comportamento de BoxAbalar. Para acceder ao apartado de axustes do usuario, deberemos premer na icona coas nosas iniciais na esquina superior dereita e escoller "Axustes".

Agora poderemos ver as diversas seccións de axustes na columna esquerda.
Unha das seccións máis importantes é "Seguranza", na que poderemos establecer varios métodos de autenticación de dobre factor para protexer a nosa conta. Na parte inferior, en "Dispositivos e sesións" poderemos revogar o acceso á nosa conta a calquera dos dispositivos que accederan a ela.

Debaixo de seguranza atoparemos o apartado "Notificacións". Aquí podemos decidir que notificacións queremos recibir e por que medio.

Cando marcamos unha notificación na columna correo, a notificación chegaranos á nosa conta de correo de @edu.xunta.gal asociada á nosa conta.
Ao marcar na columna de notificacións emerxentes para algún tipo de evento, aparecerá un punto vermello na icona da campá da aplicación web cada vez que este aconteza.

Ao premer enriba desa icona pode revisarse esa notificación e máis todas as anteriores.
As notificacións tamén se amosan por medio de notificacións emerxentes no intre de producirse cando a aplicación web está aberta e, no caso de telas instaladas, de forma análoga nos aplicativos de escritorio ou nas Apps para dispositivos móbiles.
No apartado "Compartindo", na sección "Ficheiros" poderemos transferir a propiedade dun ficheiro ou cartafol a outro usuario. Na parte inferior o apartado "Compartindo" (marcado por defecto), determina se aceptamos automaticamente ou non todos os ficheiros e cartafoles que se compartan con nos.
