Calendario
Calendario
Para acceder ao calendario, premeremos na súa icona na barra superior.

Na columna esquerda da sección do calendario dispoñemos das seguintes funcións:

- Desprazamento entre meses: permite usar as frechas para avanzar ou retroceder o mes actual
- Ocultar ou amosar a columna esquerda
- Crear un novo evento do calendario
- Moverse ao día de hoxe
- Cambiar a vista do calendario
- Crear un novo calendario
- Seleccionar e editar un calendario
- Engadir un calendario de citas
Na parte inferior da columna esquerda temos o Cesto do lixo e o acceso aos Axustes do calendario

O cesto do lixo permite ver a lista de eventos eliminados

Aquí podemos usar o botón "Restaurar" para devolver o evento á súa localización orixinal ou usar o menú dos tres puntos para acceder á posibilidade de borralo definitivamente. Na parte inferior, o botón "Baleirar o lixo" permite eliminar todos os elementos que se atopan no cesto.
Importante: Os elementos eliminados do cesto do lixo non poden recuperarse. Pasados 30 días eliminarase o contido do cesto automaticamente.
Debaixo do Cesto do lixo, a sección "Axustes de Calendario" permitiranos activar ou desactivar varias opcións. Entre elas destaca a posibilidade de importar un calendario en formato iCalendar:

Creación de calendarios.
Para engadir un novo calendario, usaremos o botón "+" á dereita de "Calendarios":

So teremos que engadir un nome na caixa que aparece e premer a frecha da dereita ou premer ENTER para crealo.
Unha vez creado o novo calendario poderemos activalo ou desactivalo marcando ou desmarcando a caixa de selección á esquerda do seu nome na lista de calendarios. Se pasamos o cursor do rato por riba do nome do calendario na lista, podermos usar a icona do lapis para editalo ou engadir colaboradores.

O menú de edición do calendario ofrece as seguintes posibilidades:

- Cambiar o nome do calendario e cor asociada a el (premendo o círculo á esquerda do seu nome).
- Non mostrarme nunca como ocupado: equivale a que no calendario non se amosen eventos de ningún tipo.
- Compartir o calendario con outros usuarios que poderemos atopar na caixa de busca. Cando compartimos cun usuario podemos decidir se o usuario "Pode editar" (engadir/modificar eventos no calendario) e tamén podemos eliminalo.
- Crear unha ligazón para compartir: permite crear un enlace para que calquera poida visualizar o calendario en modo só lectura.
- Ligazón interna: crea unha ligazón que permite que poida accederse ao calendario usando outros sistemas de calendario.
Na parte inferior, ademais, temos a posibilidade de "Eliminar" o calendario e exportalo en formato .ics
Os usuario cos que compartamos un calendario verán o seu nome debaixo de "Calendarios Compartidos" no súa aplicación do calendario:

Xestión de eventos.
Para engadir eventos ao noso calendario podemos usar o botón "+ Evento" ou simplemente premer sobre o calendario. Aparecerá entón un cadro de creación de evento:

Que nos permitirá engadir detalles básicos como:
- Escoller o calendario no que queremos crear o evento.
- Darlle un nome ao calendario.
- Establecer data e intervalo horario para o evento.
- Engadir localización e descrición.
- Definir asistentes usando a caixa de busca baixo "Asistentes".
Agora só temos que premer en "Gardar" para que o evento creado apareza no noso calendario. O xeito máis simple de modificar a data dun evento creado é arrastralo e soltalo no calendario:
Nota: Cada vez que modifiquemos un evento compartido con asistentes, estes recibirán unha notificación do cambio.
Para ver a información sobre o evento creado deberemos premer sobre el. Neste apartado tamén teremos a opción de editalo:

Na parte superior dereita, no menú dos tres puntos, teremos a posibilidade de exportar a información do evento en formato .ics, crear un duplicado ou eliminalo.
A vista amosa os detalles do evento, incluíndo datas e horas de inicio e fin, así como os asistentes. Por defecto, cando engadimos un asistente a un evento, BoxAbalar pídelle confirmación, de aí que o asistente se mostre como "Agardando resposta". Esta configuración por defecto e moitas outras cousas pódense modificar.
Os botóns "Máis detalles" e "Editar" permiten visualizar e editar os detalles do evento. Destes dous botóns, o máis funcional é "Máis detalles" dado que aporta unha vista global dos detalles xerais do evento xunto cunha sección inferior na que poderemos acceder a detalles adicionais sobre o evento e os seus asistentes:
No apartado de detalles podemos configurar:
- O estado de confirmación do evento
- Cambiar o estado de visibilidade do evento ao compartir
- Cambiar o estado de ocupación
- Asociar ou crear categorías para o evento
- Cambiar a cor asociada ao evento
- Engadir un lembrete (recordatorio) para o evento
- Establecer un patrón de repetición para o evento
- Anexar ficheiros ao evento
So quedaría premer o botón "Gardar" para gardar os nosos cambios
No apartado "Asistentes" poderemos:

- Engadir novos asistentes empregando a caixa de busca
- Usar o menú de tres puntos á dereita de cada asistente para cambiar varias opcións. Entre estás opcións está a opción marcada por defecto que require que os asistentes confirmen a súa participación ou a de eliminar ese asistente.
- Usar o botón "Atopar un momento" que examina os calendarios de organizador e asistentes e busca ocos libres.
Despois de facer os cambios, premeremos "Actualizar" para gardalos.
Os usuarios que engadiramos como asistentes a un evento verán o evento no seu calendario e, se premen sobre el,

terán a opción de aceptar ou declinar o evento. Esta información será enviada ao organizador do evento. Tamén teñen a posibilidade de facelo premendo en "Máis detalles" na parte inferior.
Nesta sección, ademais de ter a posibilidade de aceptar ou declinar o evento, poderán:

- Exportar, duplicar ou eliminar o evento.
- Engadir unha descrición.
- Cambiar o estado de confirmación.
- Cambiar o estado libre/ocupado.
- Crear ou asociar unha etiqueta e unha cor ao evento.
- Engadir un lembrete recordatorio.
- Anexar ficheiros ao evento.
Finalmente deberán premer o botón "Actualizar" para gardar os cambios
