Interface web


O acceso á aplicación web realizarase a través dun navegador (calquera dos máis empregados coma Firefox, Chrome, Safari, Edge... coa excepción do Internet Explorer) no seguinte enderezo: https://boxabalar.edu.xunta.gal

Introduciranse as credenciais do usuario da conta edu.xunta.gal:

  • nome de usuario (a parte antes do “@” do enderezo de correo electrónico)
  • contrasinal


Acceso


O interface web de BoxAbalar consta de varios paneis, aos que se accede premendo na icona correspondente da barra do encabezamento:

Na parte esquerda temos:

  1. O taboleiro ou páxina inicial
  2. O panel de xestión de ficheiros
  3. A galería.
  4. Rexistro da actividade.
  5. O calendario
  6. O panel de xestión de formularios

Esquerda

E na dereita:

  1. A procura de ficheiros ou etiquetas.
  2. As notificacións.
  3. A axenda de contactos
  4. O menú de axustes da conta.

Dereita