Configuración do Escritorio

   

Resulta habitual que a maqueta Abalar libre estea instalada en equipos de uso compartido por varios profesores. Por esta razón, tamén existe unha tendencia xeneralizada de empregar o Escritorio como caixón de sastre para almacenar información de forma desordenada e confusa. 

Podemos habilitar/deshabilitar a posibilidade de almacenar ficheiros no Escritorio desde o menú Aplicacións --> Configuración --> Escritorio

   

configuracion_escritorio

   

Na solapa "Menús" podemos activar o menú flotante de aplicativos cando pulsamos co botón dereito do trato sobre algunha zona do Escritorio. Desta maneira, podemos dispoñer dos menús fucnionais que nos ofrece o botón dereito do rato para acceder á configuración do Escritorio, crear ficheiros, crear lanzadores de aplicacións, ...etc.

   

menus

  

Na solapa "Iconas" podemos seleccionar o tipo de iconas que desexamos que se mostren por defecto no Escritorio, así como tamén poderemos escoller cales serán as iconas predeterminadas que se mostrarán ao inicio no propioi Escritorio.

  

iconas

   

En calquera caso, sempre é unha boa idea deshabilitar estas opcións para conseguir manter o Escritorio o máis limpo posible de iconas, facilitando a adquisición do hábito de crear cartafoles e sub-cartafoles nos directorios axeitados para cada usuario.

   

      

  Maqueta Abalar Libre      

Última modificación: xoves, 11 de abril de 2024, 9:27 AM