
ABALINUX (sistema operativo + aplicacións xa instaladas) pretende estender e dar continuidade á maqueta que inicialmente estaba destinada aos equipos informáticos do proxecto Abalar e do proxecto e-DIXGAL, coa intención de facilitar que calquera usuario poida instalar o mesmo sistema operativo e as mesmas aplicacións en calquera dos equipos dos centros educativos de Galicia e/ou en calquera ordenador persoal do usuario.

Procedementos e guía de instalación de ABALINUX, onde se describen os pasos a seguir para realizar os distintos tipos de instalación: instalación sinxela, instalación avanzada, instalación con BIOS, instalación con UEFI.

Thunderbird é un cliente de correo electrónico incluído na maqueta Abalar libre. Un cliente de correo potente, sinxelo no seu manexo e moi seguro.

O explorador e xestor de ficheiros Nautilus ofrece unha forma sinxela de ver, manipular e personalizar os ficheiros e cartafoles do usuario. Proporciona un entorno estruturado, organizado e de fácil acceso a toda a estrutura de espazos, ficheiros e cartafoles.

O software Epoptes é unha solución potente pero sinxela para a xestión remota de aulas, con funcionalidades como a visualización desde o equipo do docente, de todos os escritorios dos equipos dos alumnos.

O protocolo Samba facilita o intercambio de ficheiros entre equipos e sistemas. Os nosos alumnos poderán compartir dende os seus ultraportátiles todo tipo de ficheiros, documentos e traballos ao equipo do profesor e viceversa.

Para evitar modificacións no sistema, está a disposición dos usuarios a ferramenta chamada "Conxelar Usuario", que se atopa dispoñible no menú "Sistema".

Coa aplicación ARandR podemos configurar fácilmente a resolución, tamaño e orientación de varias pantallas conectadas simultáneamente ao noso equipo. Unha aplicación moi útil que nos permite axustar como queiramos o funcionamento de todos os monitores/pantallas conectados simultáneamente a un mesmo equipo.
