Section outline

  • Logo GNOME


    ARandR

    Como configurar varias saídas de vídeo no equipo

    Curso GNOME
    • Contidos Configurar ARandR

      Coa aplicación ARandR podemos configurar fácilmente a resolución, tamaño e orientación de varias pantallas conectadas simultáneamente ao noso equipo. Unha aplicación moi útil que nos permite axustar como queiramos o funcionamento de todos os monitores/pantallas conectados simultáneamente a un mesmo equipo.


    • Coa(s) pantalla(s) adicional xa conectadas ao noso equipo, abrimos a aplicación ARandR desde o seguinte menú:

      Menú = "Aplicativos - Sistema - ARandR"


    • A aplicación identificará as pantallas conectadas ao equipo e mostrará un recadro para cada unha delas. Para configurar cada pantalla, despregaremos o menú “Saídas

      Esta aplicación tamén nos permite situar as pantallas correctamente según a ubicación física que lles corresponde con respecto ao equipo. Por exemplo, se temos conectado un segundo monitor externo ao noso ordenador e está situado á dereita do equipo, facemos clic e arrastramos o icono que representa esa pantalla para situalo na ubicación real.

    •     

      Para cada unha das pantallas detectadas e conectadas ao equipo poderemos escoller a configuración e resolución que desexemos. Ademáis podemos indicar cal vai ser a pantalla principal, activar ou desactivar pantallas, ...etc.

      Finalmente, cando seleccionemos a configuración desexada, pulsaremos o botón verde “Aplicar” 



    • Contidos Gardar a configuración de forma permanente
    •   

      Se sempre usamos as mesmas pantallas conectadas ao noso equipo, resulta moi útil gardar esta configuración para non ter que realizala cada vez que iniciamos o equipo. 

      Para gardar a configuración usaremos o menú: 

      Disposición - Gardar como 

      A continuación introducimos o nome do ficheiro que contén a configuración.


    • Gardamos o ficheiro con esta configuración co nome de “saida_video” (por exemplo) dentro da ruta “home/usuario/.screenlayout” que é o destino por defecto.




      A continuación deberemos crear un ficheiro “Autostart” para que se cargue esta mesma configuración en cada inicio de sesión.

      Para crear o ficheiro auotstart necesitaremos iniciar unha sesión do terminal e abrir un editor de texto. 

      Neste caso usaremos o editor de texto “mousepad”.


      Escribimos o seguinte comando no terminal: 

      mousepad /home/usuario/.config/autostart/saida_video.desktop

      No editor de texto escribimos as seguintes liñas de código:

          

      [Desktop Entry] 
      Type=Application 
      Name=Configuracion da saida de video 
      Exec=/home/usuario/.screenlayout/saida_video.sh

          

      ... e gardamos os cambios realizados



    • Contidos Que fago se a configuración non é persistente
    • Se cos pasos anteriores non se obtén unha configuración persistente: 

      Iniciamos un terminal e borramos o seguinte ficheiro: 

      rm /home/usuario/.config/xfce4/xfconf/xfce-perchannel-xml/displays.xml

       


        

      Finalmente reiniciarmos o equipo


      Se continúa sen funcionar a configuración persistente: 

        

      1. Editamos o seguinte script: 

      mousepad /home/usuario/.screenlayout/saida_video.sh 

        

      2. Engadimos, nunha nova li a (entre "#!/bin/sh" e a liña que empeza por "xrandr") o seguinte: 

      sleep 5; until xrandr; do sleep 1; done 

         

      Exemplo:

       #!/bin/sh 
      sleep 5; until xrandr; do sleep 1; done 
      xrandr --output VGA-1 --off --output LVDS-1 --primary --mode 1024x768 --pos 0x0 --rotate normal --output HDMI-3 --off --output HDMI-2 --off --output HDMI-1 --off --output DP-3 --off --output DP-2 --off --output DP-1 --off