Instalación no equipo do profesor

EDIXGAL


Importante

EPOPTES pode instalarse en equipos coa maqueta Abalar libre

Nos equipos do centro que non forman parte do equipamento das aulas Abalar/EDIXGAL (por exemplo, os equipos dunha aula de informática), equipos coa maqueta Abalar Libre, tamén pode instalarse e configurarse a aplicación EPOPTES


   

Instalación do equipo do profesor (servidor)

Para realizar esta instalación é necesario dispoñer de permisos de administrador no equipo, polo que o primeiro paso será identificarnos como "root" no equipo do profesor.  


Iniciamos una sesión no terminal como "root"

   

Abrimos un terminal e tecleamos o seguinte comando, para identificarnos como "root":

su -

   

su -

   

Ao pulsar a tecla ENTER (para confirmar o comando) pediranos que introduzamos o contrasinal (password) do usuario "root". O contrasinal que debemos introducir será toor:

toor

   

password

NOTA: Mentres introducimos o contrasinal, o terminal non mostra ningún dos caracteres tecleados, polo que pode dar a impresión de que non está escribindo nada, pero en realidade non é así.

Despois de introducir o contrasinal, pulsamos a tecla "ENTER" para confirmar. Se introducimos correctamente o contrasinal, o terminal mostrará o caracter "#" para indicar que a partir dese momento estaremos traballando con permisos de administrador.

     

root


Instalación da aplicación EPOPTES no equipo do profesor.


Antes de levar a cabo a instalación, é conveniente actualizar a lista de paquetes dispoñibles para apt escribindo o comando:

apt update

update

E premendo a tecla ENTER.

A continuación, para realizar a instalación, tecleamos o seguinte comando no terminal:


apt install epoptes


apt install epoptes

Despois de pulsar "ENTER" para confirmar o comando, iníciase a instalación. Pouco despois de iniciar esta instalación, pediranos confirmación para continuar; nese momento debemos puslar a tecla "S" ou  ENTER para permitir que a instalación continúe.


enter


  Habilitar o usuario do equipo para poder usar EPOPTES.


A continuación temos que integrar (habilitar) ao noso usuario non administrador (usuario) para que poida usar Epoptes nese ordenador

gpasswd -a usuario epoptes

  habilitar usuario


E prememos a tecla ENTER.   


IMPORTANTE:  Por defecto, o nome de usuario en todos os equipos que teñen a maqueta Abalar libre é "usuario". En caso de facer a instalación noutro sistema Debian diferente, deberemos substituír "usuario" polo nome de usuario que queiramos habilitar.

    

 Cambiar o nome de host do equipo do profesor (servidor).

  

O nome do equipo que buscan por defecto os clientes (ordenadores dos alumnos) para conectarse é “server” polo que debemos editar a configuración do “hostname” do ordenador e poñemoslle “server” ao equipo do profesor.

Para editar este ficheiro, utilizaremos o editor "nano"

nano /etc/hostname

editar hostname   

Cando temos en pantalla o ficheiro editable, borramos o nome que aparece por defecto e substituímolo por:

server




Agora  deberemos gardar os cambios pulsando a combinación de teclas "CTRL + O", confirmar con ENTER e finalmente pechar o editor usando a combinación "CTRL+X".

A continuación hai que modificar o ficheiro /etc/hosts , polo que usando de novo o editor "nano" escribiremos o seguinte comando:

nano /etc/hosts

   

Cando teñamos o ficheiro editado en pantalla, debemos cambiar a segunda liña para se vexa asi:

127.0.1.1 server



Igual que no caso anterior, antes de pechar o editor "nano" con "CTRL+X", usaremos a combinación de teclas "CTRL + O" e confirmaremos con ENTER para gardar os cambios realizados.

Para finalizar, reiniciamos o equipo.

A partir deste momento, o profesor poderá usar o programa epoptes (Aplicacións > Internet > Epoptes) para monitorizar aos seus alumnos.

    



EDIXGAL
Última modificación: mércores, 20 de marzo de 2024, 1:08 PM