1.2 Como saber cal é a miña IP
Como saber cal é a miña IP
|
![]() |
|
A aplicación EPOPTES está preconfigurada para a WiFi Abalar Nos equipos Abalar/Edixgal a aplicación EPOPTES xa está preconfigurada para a rede WiFi Abalar, polo que non é necesario introducir a configuración de rede completa. Por esta mesma razón, non é posible utilizar a aplicación EPOPTES dun equipo Abalar/EDIXGAL nunha rede diferente á WiFi Abalar. |
Para saber que IP temos no noso equipo de profesor, temos diferentes formas:
Accedendo a Sistema > Acerca de Maqueta Abalar

A continuación aparecerá un cadro de diálogo coa información referente ao equipo.

Premendo sobre a icona
de conexións co botón dereito e elixindo Información da conexión

Desde o Emulador de Terminal (que atoparemos na parte superior do menú Aplicacións), tecleando a seguinte orde:
ip a
e premendo ENTER:

amosaranos a IP do equipo:

Nota: Obviamente a subrede da IP variará segundo a configuración de rede do centro.
|
|
![]() |

