1. O Actualizador abalar
O Actualizador Abalar é unha pequena aplicación instalada na maqueta Abalar libre que facilita o mantemento do equipamento mediante a actualización desatendida do gran número de aplicacións integradas na maqueta.
Importante: este programa só funciona desde a rede dos centros.
Se queremos forzar a actualización manualmente, iniciaremos a aplicación, que atoparemos na ruta "Aplicacións > Sistema > Actualizador Abalar"

Unha vez iniciada a aplicación, o primeiro paso será marcar a casiña "Aceptar" e premer o botón "Aceptar" para continuar.

Logo premeremos o botón "Si" cando a aplicación nos pregunte se queremos actualizar a maqueta. Tamén podemos premer "Desactivar a actualización automática" se queremos que no futuro a maqueta non se actualice de xeito desatendido (non recomendado).

Entón comenzará a actualización, cuxa duración variará en función da cantidade de aplicacións a actualizar. Unha vez rematada a actualización, darásenos a opción de amosar un resumo das actualizacións realizadas ou simplemente pechar a aplicación premendo o botón "Aceptar".

