Section outline

  • edixgal


    EDIXGAL

    Educación dixital en Primaria e Secundaria

    • O proxecto Abalar é unha iniciativa viva, en constante evolución, e dende o curso 2014/2015, ofrece unha educación completamente dixital para aulas de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º,2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria, grazas a iniciativa de educación dixital E-Dixgal

      Máis información:

       https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal

  • edixgal
    EDIXGAL. Video 1
    fondo
    • O alumnado, profesorado e familias participantes nesta iniciativa dispoñen dunha serie de elementos, que lles permiten desenvolver un ensino dixital: aulas dixitais, equipamento de alumnado e profesorado de uso persoal, un entorno virtual de aprendizaxe, variedade de contidos dixitais, programas de formación, ferramentas de intercomunicación e colaboración.
  • edixgal
    EDIXGAL. Video 2
    fondo
    • O profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de Eso do seguintes provedores: Edebé, Netex, aulaPlaneta e Pearson, os do Repositorio de contidos educativos dixitais (os centros teñen a súa disposición o Repositorio de contidos educativos dixitais do espazoAbalar, con máis de 3.500 recursos educativos dixitais complementarios en sete idiomas), ou os que o profesorado poida crear, seleccionar ou engadir ao entorno.
  • edixgal
    EDIXGAL. Video 3
    fondo
    • O alumnado pode acceder ao material seleccionado polo profesorado tanto a través dunha conexión a internet (modo online) como dende o seu portátil (modo offline). Deste xeito, garántese que os alumnos e as alumnas que non dispoñan de conexión a Internet desde os seus domicilios, poidan seguir o curso sen dificultade. De feito, todo o avance que realicen sen conexión será actualizado de maneira automática na plataforma en canto o portátil volva ter conexión de rede.
  • edixgal
    Proxecto DIXIT
    fondo
    • O Proxecto DIXIT ten como obxectivo principal aproveitar as capacidades técnicas e innovadoras dos sectores tecnolóxico e audiovisual e os coñecementos pedagóxicos do profesorado galego, tendo en conta as súas necesidades, para incrementar a oferta de recursos dixitais dispoñibles para a comunidade educativa galega. Nesta iniciativa, estanse a desenvolver contidos en varios ámbitos: Matemáticas, Ciencias Naturais, Xeografía e Historia, Física e Química e Idiomas.