Para acceder á nova WiFi "
edu.xunta.gal" é imprescindible que o usuario
realizara o cambio de contrasinal da conta corporativa con posterioridade ao día 4 de agosto de 2022, a través da ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/contausuario
A Wi-Fi "edu.xunta.gal" permite
a conexión desde calquera dispositivo autenticándose coas credenciais corporativas ("nome de usuario/a" e "contrasinal"), é dicir, os mesmos datos que utiliza para acceder á conta de correo electrónico. Esta Wi-Fi está dispoñible tanto nas propias aulas
E-Dixgal (é un dos SSID que emiten os AP que dan cobertura a estas aulas), coma no entorno das aulas E-Dixgal ata onde chega a cobertura dos puntos de acceso E-Dixgal.