As redes dos centros seguen unha topoloxía en árbore. Os nodos da árbore están conectados a un concentrador central (switch principal) que controla o tráfico da rede. Sen embargo, non todos os dispositivos están conectados directamente ao switch principal. A maioría dos dispositivos conéctanse a un switch secundario que, á súa vez, conéctase ao switch principal.