Reunimos nesta sección os documentos máis importantes do centro para facilitar o acceso á información e á organización da vida escolar.
A PXA é o documento que planifica e organiza o curso no centro, definindo obxectivos, actuacións e medidas para o correcto funcionamento escolar.
A Normas de Organización e Funcionamento do Centro (NOFC) constitúen o documento no que se establecen as pautas básicas de convivencia.
As programacións didácticas organizan o traballo docente de cada materia: obxectivos, contidos, metodoloxía, criterios de avaliación e medidas de atención á diversidade. Son a guía que concreta como se desenvolve o currículo na práctica diaria.
A través da aplicación PROENS pódese consultar a programación das diferentes materias impartidas no centro.
Para filtrar o contido:
- Especificar o código do centro: 36019256
- Seleccionar a Ensinanza, o curso e a materia a consultar.
Finalmente, premer en buscar programacións.
Programacións Didácticas Departamento Administrativo Curso 25/26
Programacións didácticas Departamento Automoción Curso 2025-26
O Plan Dixital organiza o uso das tecnoloxías no centro, establecendo obxectivos, actuacións e estratexias para integrar a competencia dixital na aprendizaxe, na docencia e na xestión.
Pódese consultar a través da aplicación Educalidade:
- Código do centro: 36019256
O PEC define a identidade, liñas pedagóxicas, principios organizativos e obxectivos do IES de Vilalonga. É o documento que marca o marco xeral de actuación educativa do centro.
A concreción curricular é a adaptación do currículo oficial ao contexto do IES de Vilalonga, onde se organiza que, como e cando se traballan os contidos, metodoloxías, competencias e criterios de avaliación en cada etapa e materia.
Pódese consultar a través da aplicación PROENS:
- Código do centro: 36019256
- Premer en “Buscar concreción curricular”
O Plan de Igualdade recolle as medidas para promover unha convivencia igualitaria, previr a discriminación e fomentar a educación en valores de respecto, corresponsabilidade e igualdade de oportunidades.
O Plan de Convivencia establece as normas, medidas preventivas e protocolos de actuación para garantir un clima seguro, respectuoso e adecuado para a aprendizaxe e a vida escolar.
