• Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Horario de atención ao público
    • Localización
    • Organigrama
    • Transporte escolar
    • Documentos
  • Secretaría
    • Trámites
  • Erasmus+
    • Contacto
    • Novas
    • Convocatorias e resolucións
    • Información para o alumnado
    • Información para o profesorado
    • Principios Erasmus
  • Programacións
  • Biblioteca
    • Información
    • Novas
    • Radio
    • Clubs de lectura
  • Calendario
    • Que é a FCT?
    • Información para o alumnado
    • Información para empresas
    • Información para exalumnado
  • Oferta educativa
    • Ensino Secundario Obrigatorio
    • Bacharelato
    • Formación Profesional - Imaxe Persoal
    • Formación Profesional - Informática e Comunicacións
    • Ensino Secundario para Persoas Adultas
    • Programa CUALE
  • Novas
    • Curso 2025-26

User account menu

  • Iniciar sesión
CAPTCHA
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.
This question is for testing whether or not you are a human visitor and to prevent automated spam submissions.
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Horario de atención ao público
    • Localización
    • Organigrama
    • Transporte escolar
    • Documentos
  • Secretaría
    • Trámites
  • Erasmus+
    • Contacto
    • Novas
    • Convocatorias e resolucións
    • Información para o alumnado
    • Información para o profesorado
    • Principios Erasmus
  • Programacións
  • Biblioteca
    • Información
    • Novas
    • Radio
    • Clubs de lectura
  • Calendario
    • Que é a FCT?
    • Información para o alumnado
    • Información para empresas
    • Información para exalumnado
  • Oferta educativa
    • Ensino Secundario Obrigatorio
    • Bacharelato
    • Formación Profesional - Imaxe Persoal
    • Formación Profesional - Informática e Comunicacións
    • Ensino Secundario para Persoas Adultas
    • Programa CUALE
  • Novas
    • Curso 2025-26

Miga de pan

  • Inicio
  • Información para o alumnado

Información para o alumnado

Consulta aquí información sobre:

Use the arrow keys to navigate between tabs

Información sobre matrícula FCT

O alumnado interesado en matricularse deberá poñerse en contacto coa Secretaría do IES de TEIS  chamando ao teléfono 886 12 04 64

 

CICLOS FORMATIVOS LOE

 

Dispoñen das seguintes convocatorias:

  • setembro/decembro - setembro/marzo, con período de matriculación aproximado de 1-15 xullo
  • xaneiro/marzo - xaneiro/xuño, con período de matriculación aproximado de 1-15 decembro
  • abril-xuño, con período de matriculación aproximado de 1-15 marzo

 

CICLOS FORMATIVOS LOOIFP

 

As prácticas en centros de traballo están integradas dentro dos módulos polo que a matrícula realizarase no período especificado para estes.

 

 

Información sobre a exención de FCT

DIARIO OFICIAL DE GALICIA, No 48 – Xoves, 8 de marzo de 2007.

Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O módulo de FCT é susceptible de exención pola súa correspondencia coa experiencia laboral, segundo se establece no artigo 49, do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro (BOE do 3 de xaneiro), polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo.

A solicitude de exención formalizarase polo menos 20 días hábiles antes do inicio das actividades programadas para o módulo de FCT.

A exención poderá ser total ou parcial, dependendo da correspondencia que haxa entre a experiencia acreditada e os contidos do módulo formativo de FCT.

A exención requirirá, ademais de cumprir o requisito de experiencia laboral, a matrícula previa do alumno ou da alumna nun centro docente autorizado para impartir ensinanzas conducentes ao título do ciclo formativo correspondente.

Débese acreditar unha experiencia laboral correspondente ao traballo a tempo completo dun ano, relacionada cos estudos profesionais respectivos. No caso de contratos a tempo parcial, os días de cotización deberán ser equivalentes a un ano a tempo completo.

O alumno ou a alumna deberán presentar na secretaría do centro a seguinte documentación:

a) Solicitude á dirección do centro docente onde se estea matriculado. No caso de centros privados, a dirección trasladará as solicitudes ao centro público ao que estea adscrito.

b) Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ou da mutualidade laboral á que se estivese afiliado ou afiliada, na que conste a empresa, a categoría laboral, o grupo de cotización e o período de contratación ou, de ser o caso, o período de cotización en réxime especial de traballadores autónomos, ou calquera outro medio de proba admitido en dereito.

c) Certificación da empresa na que se indique especificamente a duración do contrato, as actividades desenvolvidas e o período en que se realizaron estas actividades. No caso de traballadores e traballadoras por conta propia, certificación de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.

7. O titor ou a titora do centro educativo, en colaboración co equipo docente, logo da análise da documentación achegada, deberán emitir un informe e unha proposta, que lle farán chegar á dirección do centro, sobre a concesión ou non da exención total ou parcial, de ser o caso.

8. Nos centros públicos resolve a dirección do centro e, no caso dos centros privados, a dirección do centro ao que estea adscrito.

9. O acordo da concesión ou non da exención total ou parcial comunicaráselle por escrito á persoa solicitante no prazo de 10 días. Para máis información poden poñerse en contacto coa Secretaría do IES de TEIS para maior información Chamando o teléfono 886 12 04 64.

Información sobre cotización por prácticas non remuneradas

Dende o 1 de xaneiro do 2024 o alumnado que realice prácticas formativas, remuneradas ou non, están incluídos no sistema da Seguridade Social. Podes atopar máis información sobre a cotización na web da Tesorería General de la Seguridad Social.

 

  • Para poder ser incluído no sistema da Seguridade Social é preciso que dispoñas do NÚMERO DA SEGURIDADE SOCIAL (NUSS). Na seguinte web poderás atopar os pasos para conseguilo.

 

  • Poderás consultar a túa vida laboral no seguinte sitio web.

 

 

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

IES de Teis