A Orde do 21 de outubro de 2022 desenvolve o Decreto 13/2022 e regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos co fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato. Esta orde establece o seguinte calendario de reserva e admisión:
- Do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro: prazo de solicitude de reserva para o alumnado que finaliza etapa nun centro adscrito e pasa a outro.
- 22 de febreiro: publicación da listaxe de alumnado con posto reservado.
- Antes do 1 de marzo: sorteo público para os efectos de desempate. Anuncio do sorteo para o curso 2025/2026.
- Antes do 1 de marzo: publicación dos postos escolares vacantes. Postos escolares vacantes 2025/2026.
- Do 1 ao 20 de marzo: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
- Dez días hábiles a partir do día seguinte ao remate do prazo de solicitude de admisión: presentación da documentación acreditativa para o Baremo, sempre que o número de solicitudes presentadas sexa superior ó número de postos escolares vacantes.
- 25 de abril: publicación da listaxe provisional de admitidos e non admitidos.
- Cinco días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación da listaxe provisional: reclamacións contra listaxes provisionais.
- 15 de maio: publicación da listaxe definitiva de admitidos e non admitidos..
- Do 23 de xuño ao 7 de xullo: unha vez admitido, prazo de formalización da matrícula.
- Cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte.
Centros adscritos: CEIP A Pedra
Áreas de influencia: ESO: Parroquia de San Martiño, Bacharelato: Concello de Bueu.
Áreas limítrofes: ESO: Beluso e Cela, Bacharelato: Concellos de Cangas, Marín e Moaña.
Servizos complementarios que ofrece o centro: Transporte escolar.
A admisión e a matriculación nun centro docente público implican respectar o Proxecto Educativo do mesmo.
INFORMACIÓN A TER EN CONTA
· O alumnado que xa cursa estudos no centro ten garantida a permanencia. En caso de presentar a solicitude noutro centro, debe comunicalo.
· Todo o alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar. Unha vez presentada unha solicitude, para renunciar a ela deberá facerse expresamente indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude a presentar.
· O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito (no que está matriculado nese momento), e identificará o centro de adscrición que solicita.
· En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde que o regula.
Presentación da solicitude de admisión:
Para presentar a solicitude de admisión poderase seguir algunha das seguintes opcións:
1. Cubrir a solicitude en AdmisionAlumnado e presentala asinada presencialmente no centro.
2. Cubrir a solicitude e asinala na Sede Electrónica. Procedemento ED550B.
3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro. Solicitude.
Documentación a presentar coa solicitude:
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar cando denegue a consulta.
- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
- En caso de separación dos pais: sentenza xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
Importante: no caso de separación ou divorcio, as solicitudes terán que asinalas os dous proxenitores, agás no caso no que a patria potestade estea atribuída exclusivamente a un deles.
Na aplicación AdmisionAlumnado, poderase consultar:
a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.
b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.
c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación AdmisionAlumnado no momento da súa gravación.
d) O estado da tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
e) A lista do alumnado co posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, empregando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e a Chave365.







Comentarios