Os textos que poño nesta sección son un resumo dos materiais elaborados polo grupo DIM, dirixido por Pere Marqués. Podedes atopalos completos na páxina http://www.peremarques.net/pizarra.htm
No libro Pizarra dixital inclúense todos os documentos da páxina de Pere Marqués xunto a unha serie de propostas didácticas onde varios profesores describen como empregaron o encerado.
Non me gustan as pizarras dixitais interactivas - Neste artigo do blog de Anibal de la Torre dase unha visión crítica ao emprego de aparellos de prezo elevado para que se utilizan case exclusivamente en metodoloxías expositivas.
Parte dos manuais anteriores foron traducidos ao galego por José Rodríguez Costa, profesor do CEIP Santa Rita de Galdo. Nos seguintes arquivos podes lelos no formato do Notebook
Na biblioteca de actividades Jclic podemos atopar un montón de actividades clasificadas por nivel educativo, área e idioma. Estas actividades poden verse cun navegador ou descargalas para velas ou modificalas no noso ordenador.