Este artigo o publicou Pere Marqués cando chegaban os primeiros proxectores aos centros. Hoxe xa temos varios e non hai ese problema e o mesmo Pere Marqués predice que no ano 2012 todas as aulas terán un encerado dixital, pero as mesmas opcións son válidas para a instalación do taboleiro interactivo:
  • A pizarra na aula do profesor innovador afortunado, co compromiso de cedela cando algún compañeiro esté interesado en utilizala.
  • A aula multiuso do encerado dixital, cun cadro horario onde se anota o profesorado que quera utilizala.
  • A pizarra na aula de informática
  • A pizarra móvil. Esta opción é válida para os proxectores pero co taboleiro interactivo e máis complicada, ainda que algúns centros aproveitan a instalación con rodas para ubicala nas distintas aulas da mesma planta do edificio. Incluso hai sistemas de armarios para desprazar un aula de ordenadores portátiles.
En calquera caso recoméndase a instalación da pizarra dixital fixa, co taboleiro colgado na parede, o proxector no teito e sistemas que faciliten o seu manexo mediante un mando a distancia e un interruptor xeral para controlar a alimentación de todos os enchufes. As características destas aulas deben ser:
  • As ventás terán persianas ou cortinas.
  • As luces da zona do taboleiro terán un encendido independente do resto da aula.
  • Evitarase a instalación de ordenadores e proxectores en espacios moi húmedos (humedade relativa superior ao 55%) ou moi cálidos.
  • A aula estará conectada a internet
  • Todos os cables irán por paredes e teito, sen interferir as zonas de paso.
  • A aula disporá dunha cerradura de seguridade.
Recomendacións de uso e mantemento dos proxectores
Última modificación: luns, 21 de marzo de 2016, 10:40 AM