O texto do que saquei estes modelos está na páxina http://www.peremarques.net/propuest.htm. Tamén está traducido ao galego na páxina de contidos da Xunta.

Centrados na actividade e iniciativa do profesorado
  • O profesor apoia as súas explicacións coa proxección de materiais dixitais, que poden ser de elaboración propia ou proceder de libros, internet...
  • Realización de síntesis na clase. Ao introducir un tema novo o profesor pode facer unha presentación e ir preguntando ao alumnado sobre distintos aspectos do tema. Coas respostas e as aportacións do profesor díctase un esquema que un alumno copia no encerado. As pantallas copiadas pódense gardar no ordenador.
  • Realización de exercicios coa participación de toda a clase. Os exercicios poden ser actividades preparadas con programas como Jclic, LIM, Hot Potatoes...
  • Corrección colectiva de exercicios. É necesario ter un lector de documentos que poda proxectar no encerado o contido das libretas.
  • Presentación no encerado do blog da clase. Cada día un grupo de alumnos preparan un artigo no blog cun resumo do tratado na clase. Poden incluir imaxes, vídeos, enlaces... Coa axuda do EDI poden expoñer este artigo na aula.
  • Axuda en debates e dúbidas. Poden buscarse en internet recursos que axuden a resolver dúbidas e documentarse nos debates.
  • Chats e videoconferencias na clase.
  • Aplicacións específicas en educación especial. O EDI está especialmente indicado para netos con dificulatdes motoras por que poden utilizar o ordenador sen ratón nin teclado. Tamén para problemas visuales pola posibilidade de ampliar os caracteres.
Modelos centrados na actividade e iniciativa do alumnado
  • Os estudiantes buscan recursos e os explican coa axuda do encerado.
  • Expoñen os seus traballos na aula. Se son largos poden facer un resumo en cinco ou seis diapositivas.
    Tamén poden preparar materiais didácticos con programas como Jclic, Hot Potatoes, etc se previamente se explica o seu funcionamento.
  • En caso de traballos entre dous ou máis centros pode facerse una exposición conxunta por videoconferencia.
  • Lectura colectiva de periódicos, proxectando as noticias de interese sobre as que se debate na clase.
  • Debates con apoio multimedia. Pode usarse o EDI tanto para presentar materiais que axuden no debate como para presentar as conclusións preparadas ao rematalo.
  • Presentación do blog/wiki persoal de cada alumno, no que poden recoller traballos feitos por eles e/ou materiais que atopen para ampliar as materias vistas na clase.
  • Traballos colaborativos con wikis, por exemplo un diccionario multimedia que recolla o vocabulario da asignatura.
Última modificación: luns, 21 de marzo de 2016, 10:40 AM