Crear e Administrar os blogs en Drupal 6
Requisitos do completado

"Administrar os blogs en Drupal 6" por websdinamicas se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Basada en una obra en www.edu.xunta.es.
Administrar os blogs en Drupal 6
Indicacións xerais para os administradores da web acerca dos blogs e a configuración precisa para que sexan funcionais

"Administrar os blogs en Drupal 6" por websdinamicas se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Basada en una obra en www.edu.xunta.es.
6. Creación dun contido de tipo páxina para o blog. Etiquetado do contido
Iniciar sesión cun usuario pertencente ao rol "autor de blog". Neste exemplo crearanse dúas entradas no blog de infantil.
- Crear un primeiro contido de tipo páxina:
- Engadir o título: "1ª entrada do blog de infantil"
- Vocabulario: Blogs do centro, seleccionar "Blog de infantil".
- Observar que agora existe un novo campo denominado "Etiquetas dos blogs", que permitirá o etiquetado libre dos contidos da nosa entrada. As etiquetas definidas así polo usuario permitirán con posterioridade localizar todas as entradas do blog coa mesma etiqueta.
- Introducir as seguintes etiquetas separadas por comas: "infantil, magosto". (NOTA: As etiquetas poden incluír espazos en branco).
- No corpo do documento: "Texto para a 1ª entrada do blog de infantil".

-
- Gardar.
Repetir o proceso anterior creando unha segunda entrada (contido de tipo páxina) para o blog de infantil:
- Engadir o título: "2ª entrada do blog de infantil"
- Vocabulario: Blogs do centro, seleccionar "Blog de infantil".
- En "Etiquetas dos blogs", introducir as seguintes etiquetas separadas por comas: "infantil, entroido".
- No corpo do documento: "Texto para a 2ª entrada do blog de infantil".
- Observar como se van actualizando os bloques anteriores: "Contido popular", "Latest Articles" e "Tags in etiquetas dos blogs". A seguinte imaxe amosa o bloque "Tags in etiquetas dos blogs", no que se pode apreciar como as etiquetas máis populares (infantil) aparecen cun tamaño maior (magosto, entroido).
- Facendo click sobre unha etiqueta en concreto accederase a todos os contidos etiquetados coa devandita etiqueta.