Crear e Administrar os blogs en Drupal 6
Requisitos do completado

"Administrar os blogs en Drupal 6" por websdinamicas se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Basada en una obra en www.edu.xunta.es.
Administrar os blogs en Drupal 6
Indicacións xerais para os administradores da web acerca dos blogs e a configuración precisa para que sexan funcionais

"Administrar os blogs en Drupal 6" por websdinamicas se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Basada en una obra en www.edu.xunta.es.
8. Refinando o blog mediante vistas (views)
8.1. Creación dun histórico de entradas para o blog
Histórico de entradas para o blog de infantil
Clonación desde a vista base "archive"
- Na ruta Administrar » Construción do sitio » Vistas. Na lapela Lista buscar a vista "archive" e de non estar activa facer click en "Activar".

- Clonar a vista archive e introducir os seguintes valores:

-
- Nome da vista = archive_blog_infantil
- Human readable name = Arquivo do blog de Infantil
- Ver a descrición = Amosa unha lista de meses que permiten enlazar aos contidos correspondentes.

-
- Facer click no botón Seguinte para acceder ao formulario de edición da vista.

- No bloque Argumentos facer click no botón de configuración (1) (icona cunha roda dentada) á dereita de "Estilo:Lista". No formulario que aparece abaixo:
- É posible especificar o número de "Elementos a amosar" establecendo un valor: 12 (para os 12 meses do ano). Facer click en "Actualizar".

- No bloque Filtros xa existe un filtro "Nodo:Publicado =Si", que amosará unicamente os contidos publicados. Facer click no botón + (2) para engadir un novo filtro cos valores:
- Grupos = Taxonomía

-
- Seleccionar "Taxonomía:Termo"

-
- Facer click en Engadir
- En "Operador", marcar "É igual a" Blog de infantil. Facer click en "Actualizar".

- Gardar a vista (3).
- A continuación configurarase a visualización de tipo "Páxina" ("Page") da vista, que herdará a configuración establecida anteriormente (1) en "Defaults".
- Premer na lapela lateral "Page" (2):

-
- No bloque "Axustes da páxina" facer click na variable Ruta:archive (3)
- Escribir a ruta "blogdeinfantil/arquivo" (é aconsellable empregar a mesma terminoloxía que a empregada na definición do Alias de URL). Premer en "Actualizar".
Gardar a vista (4).
- O paso seguinte será configurar a visualización de tipo "bloque" ("block") da vista. Premer na pestaña lateral "Block"(1):

-
- No bloque Argumentos pinchamos na variable Nodo:Created year+month (2):
- Premer no botón "Usar predeterminado".

-
- Unha vez feito eso na parte de abaixo da páxina premer no botón "Update and override".

-
- No bloque "Axustes básicos" premer na variable "Título: Monthly archive" (3) e susbstituír por "Histórico". Premer no botón "Update and override"

- Gardar a vista no botón Gardar (4).
- É conveniente desactivar a vista "archive" unha vez rematado o proceso para non modificala.

- Finalmente, configurar a visualización dos bloques na plantilla elixida para o blog: "View: Arquivo do blog de infantil: Block" na ruta Administrar » Construción do sitio » Bloques .
Nota: Para calquera outro blog do centro simplemente habería que clonar a vista que se acaba de crear substituíndo os valores especificados en cor azul polos correspondentes.