Crear e Administrar os blogs en Drupal 6
Requisitos do completado

"Administrar os blogs en Drupal 6" por websdinamicas se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Basada en una obra en www.edu.xunta.es.
Administrar os blogs en Drupal 6
Indicacións xerais para os administradores da web acerca dos blogs e a configuración precisa para que sexan funcionais

"Administrar os blogs en Drupal 6" por websdinamicas se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Basada en una obra en www.edu.xunta.es.
1. Activación e configuración dos módulos necesarios
Activación dos módulos necesarios.
- Activar os seguintes módulos na ruta Administrar » Construción do sitio » Módulos:
- No grupo Núcleo-opcional:
- Statistics: Rexistra estatísticas de acceso ao sitio web.
- Tracker: Habilita o rastrexo de contido recente para usuarios.
- No grupo Núcleo-opcional:

-
- No grupo Correo-e:
- Notify: Habilita as notificacións por email de novo contido e comentarios.
- Notify: Habilita as notificacións por email de novo contido e comentarios.
- No grupo Correo-e:

-
- No grupo Outro:
- Article: Crea unha entrada "Articles" no menú navegación e un bloque "Últimos artigos" ("Latest Articles").
- Tag Tool: Este módulo permite ao administrador xestionar o modo en que se presentarán etiquetas suxeridas aos autores de blog en cada entrada ou artigo que creen. Permite a posibilidade de crear tags pre-definidos polo administrador ou escoller se os tags que se suxerirán ao usuario son os empregados recentemente ou por coincidencia de caracteres. En calquera caso o autor do blog sempre poderá crear os seus propios tags independentemente das etiquetas suxeridas.
- No grupo Outro:

-
- No grupo Taxonomía:
- Tagadelic: Permite crear nubes de etiquetas de termos de taxonomía. Unha vez activado crearanse de xeito automático bloques (inicialmente desactivados) denominados "Tags in nome-do-vocabulario".
- Tagadelic: Permite crear nubes de etiquetas de termos de taxonomía. Unha vez activado crearanse de xeito automático bloques (inicialmente desactivados) denominados "Tags in nome-do-vocabulario".
- No grupo Taxonomía:

-
- No grupo Themekey:
- Themekey: Permite cambiar os temas ou plantillas (aspecto visual da web) en función de regras.
- Themekey: Permite cambiar os temas ou plantillas (aspecto visual da web) en función de regras.
- No grupo Themekey:

-
- No grupo Vistas:
- Tagadelic Views: Engade a vista de etiquetas ao módulo Views.
- No grupo Vistas:

- Dar permisos ao rol administrador para os módulos anteriores na ruta Administrar » Xestión de usuarios/as » Permisos.
Configuración dos módulos
Os seguintes módulos requiren unha pequena configuración despois de activalos:
- Article na ruta Administrar » Configuración do sitio » Article: Permite modificar os nomes dos campos Overview Title ("Articles"), Categories Title ("Article Categories") e Box Title ("Latest Articles") (1), especificar o número de artigos a mostrar (2) e especificar de que taxonomías (poden ser varias) se amosarán os últimos artigos (3).

Este módulo crea unha entrada no menú navegación chamada "Articles" e un bloque chamado "Latest Articles":
-
- No caso da entrada do menú, levará a unha listaxe de todos os contidos publicados na taxonomía ou taxonomías escollidas como se ve na imaxe seguinte. Pódese cambiar o seu nome editando a entrada "Articles" do menú Navegación (navigation).

-
- No caso do bloque, poderase especificar o número de artigos a amosar no bloque. Tamén é posible cambiar o título visible do bloque en "Block title"

- Tagadelic na ruta Administrar » Configuración do sitio » Configuración de Tagadelic, recomendase a seguinte configuración:
- Ordeación: Aleatoria (determina a orde das etiquetas)
- Nº etiquetas por páxina: 20 (cantidade de etiquetas que se amosarán na nube de tags)
- Nº de niveis: 5 (diferenza de tamaño de visualización entre as etiquetas máis populares e as menos populares).

- Statistics na ruta Administrar » Informes » Axustes do rexistro de acceso:
- Activar o rexistro de acceso e o contador de visitas ao contido. Cambiar o nº de días para desbotar os rexistros de acceso anteriores ao nº que consideremos. Gardar a configuración.

-
- Na ruta Administrar » Construción do sitio » Bloques configurar o bloque xerado automaticamente chamado "Contido popular" para especificar o número de visitas a amosar do día, totais ou máis recentes. (Este bloque amosa estatísticas de acceso relativas ao noso sitio, non especificamente a un determinado blog). En xeral, non é recomendable especificar un número excesivo de entradas. Aconséllase 5 aínda que esto evidentemente dependerá do criterio do administrador.

- Tracker Non require configuración adicional. Simplemente crea unha entrada no menú de navegación denominada "Entradas recentes", onde é posible ver "Todas as entradas recentes" ou "As miñas entradas recentes".
