Saltar navegación

Gaupol

gaupol

Pasos para engadir texto a un vídeo con Avidemux:

  • Busca o arcquvio de texto que contenta todos os títulos que queiras engadir ao teu vídeo clip.
  • Vai ao menú e elixe Filtros. Elixe "subtítulos" no xestor de filtros e logo fai clic na icona de Engadir antes de configurar
  • Garda os cambios que fixeses no teu arquivo de vídeo.
Pasos para engadir un subtítulo a un vídeo con Avidemux:
  • O primeiro paso de todos é facer clic no botón de Abrir na barra de ferramentas para abrir o vídeo en Avidemux.
  • Agora dálle a Copiar no menú despregable e elixe un novo formato de vídeo.
  • Na parte de vídeo, fai clic en Filtros e logo na categoría de Subtítulos.
  • Despois disto, elixe o formato do teu arquivo de subtítulo e fai clic en Engadir para engadir un filtro
  • Fai clic no botón de Abrir, busca o subtítulo e logo fai dobre clic nel para personalizar a cor, tamaño, posición, fonte, etc. coas opcións que che dan na xanela de diálogo.
  • Pecha os filtros e vaiche a Arquivo, Gardar, Gardar vídeo e dálle un nome ao vídeo creado.

Podemos crear os subtitulos co programa de gaupol dispoñible no repositorio de debian

Outra maneira de crear os subtitulos sería co editor de texto seguindo estes pasos:

Paso 1

Para abrir o Bloc de notas, feixe clic en "Inicio", logo en "Todos os Programas", "Accesorios" e "Bloc de notas".

Paso 2

Para crear un arquivo SRT, divide cada frase dos subtítulos en seccións numeradas. Teclea "1" (sen comiñas) e logo oprime " Enter" para empezar a crear a primeira frase dos teus subtítulos.

Paso 3

Introduce o lapso de tempo para despregar a frase cando reproduzas a película. Por exemplo, se desexas que a primeira frase apareza do segundo ao terceiro minuto da película, teclea "00:02:00 --> 00:03:00" (sen as comiñas) e oprime " Enter".

Paso 4

Escribe a frase e oprime " Enter" para terminar de crear a primeiro frase dos teus subtítulos.

Paso 5

Tecla "2" (sen as comiñas) para empezar a segunda frase e segue os pasos 3 e 4 para creala. faise o mesmo coas demais que desexes crear, asegurándoche de separar as frases en seccións numeradas.

Paso 6

Garda o arquivo en formato SRT cando termines de crealo. Para facer isto, feixe clic en "Inicio" e logo en "Gardar". Selecciona "Todos os arquivos" do menú despregable "Gardar como". Despois, escribe un nome no campo "nomee de arquivo" e despois deste, teclea a extensión ". srt" (sen as comiñas). Selecciona "Gardar".