Saltar navegación

Dia

Dia
Logo Dia

Dia é un potente programa que nos permitirá crear calquera tipo de diagrama de fluxo ou similares, dunha forma moi sinxela e intuitiva utilizando o rato en sistemas linux/unix. Cun concepto similar ao potente Visio (programa comercial de Windows), Dia vainos a permitir desenvolver gráficos vectoriais para utilizar ala onde necesitemos. Pode ser utilizado para debuxar diferentes tipos de diagramas.

Elaborar os nosos diagramas con Dia é relativamente fácil e a forma de utilizalo é moi similar á do coñecido Gimp, temos un pequeno panel de ferramentas, onde iremos seleccionando en cada momento que é o que imos colocar ou modificar no lenzo (canvas) que utilizaremos para crear o diagrama. Se pulsamos o botón secundario sobre o gráfico obteremos un menú contextual onde seleccionaremos a opción que nos interese. Se algunha vez habedes usado o Gimp non teredes ningún problema en obter diagramas de todo tipo aos poucos segundos de usar o programa, en caso contrario tardaredes un pouco máis, pero é moi sinxelo e potente.

Actualmente conta con obxectos especiais para axudar a debuxar diagramas entidade relación, diagramas UML, diagramas de fluxo, diagramas de rede, e moitos outros diagramas. Tamén é posible engadir soporte para novas formas de escritura simple arquivos XML, usando un subconjunto de SVG para debuxar a forma.

Unha vez deseñado o noso gráfico con DIA, podemos exportalo ao formato que máis nos interese segundo a utilidade que lle vaiamos a dar ao mesmo, de forma que podemos xerar un arquivo en alguns destes formatos: formato XML (comprimido con gzip por defecto, para aforrar espazo), pode exportar diagramas a unha serie de formatos, incluíndo shape, dia, Computer Graphics Metafile (cgm), Drawing Interchange File (dxf), HPGL (plte/ou hpgl), PNG, Postscript encapsulado (eps e/ou epsi), Scalable VectorGraphics (svg), TeX Metapost macros (mp), TeX PSTricks macros (tex), WPG e oformato do Xfig (fig), e pode imprimir diagramas (incluídos os que se estenden varias páxinas).

Esta nova versión leva incluído unha chea de plugins, que nos permitirán deseñar multiples tipos diferentes de gráficos/diagramas, concretamente a versión 0.97.1 inclúe de serie todos estes (aínda que non é demasiado difícil crear e engadir os nosos propios elementos gráficos):

  • AADL: símbolos de elnguaxe AADL (arquitectura, análise e deseño).
  • Bases de datos.
  • BPMN: simboloxía para o modelado de procesos de negocios.
  • Cibernética.
  • Circuíto: símbolos electrónicos (escaso, poucos compoñentes).
  • Cisco-Computador: símbolos computadoras Cisco.
  • Cisco-Misc: símbolos variados de Cisco para a edición de procesos.
  • Cisco-Network: símbolos de redes de Cisco.
  • Cisco-Telefonía: símbolos telefonía de Cisco.
  • Civil: símbolos para planos de enxeñería civil.
  • Conmutador-Cisco: símbolos de commutadores de Cisco.
  • Cronogramas.
  • Diversos.
  • Eléctrico: simboloxía eléctrica (escaso, poucos compoñentes).
  • EnxQuímica: simboloxía para planos referentes a enxeñería química.
  • ER: símbolos de Entidades e Relación.
  • Escada: simboloxía de programación con Escada (autómatas programables).
  • Fluxograma: símbolos para facer diagramas de fluxo.
  • FS: liñas de fluxo e función (escaso).
  • Gane e Sarson: entidades e relación.
  • GRAFCET: símbolos de programaciónde autómatas programables con GRAFCET.
  • Lóxica: simboloxía lóxica (escasa).
  • Luces: símbolos luminotecnia.
  • Mapa, Isométrico: símbolos debuxo técnico acotado.
  • MSE: símbolos telecomunicación (escaso).
  • Pneumática/Hidráulica: símbolos para esquemas pneumáticos e hidráulicos (escasa).
  • Quebracabezas: pezas quebracabezas.
  • Rede: símbolos para planos de redes.
  • RE-i*
  • RE-jackman: dominios.
  • RE-KAOS: sistemas KAOS.
  • SADT-IDEFO: símbolos estrutura, análise e deseño tecnolóxico.
  • SDL: símbolos de procesos (Simple DirectMedia Layer).
  • Sybase: B.D. sybase.
  • UML: símbolos de Lenguaxe Unificado de Modelado.
  • Variado: frechas e figuras.