1. Restricións de acceso a recursos e actividades


Todos os recursos e as actividades que nos ofrece a aula virtual teñen a posibilidade de ser configurados para restrinxir o acceso, de maneira que podemos establecer unha serie de condicións que impidan ou faciliten a visualización de elementos concretos. Isto permítenos elaborar itinerarios ou fornecer retos que mostren novos elementos cando son superados.

Visualizamos esta opción cando editamos os axustes dun tema, dunha actividade ou dun recurso:




Unha vez seleccionada a condición da restrición debemos fixarnos na icona do ollo á esquerda: se está riscado o elemento non será visible para os estudantes, se non, poderán ver a condición necesaria para acceder.

Mostramos un exemplo cun elemento de Stash no que o alumnado coñece previamente que debe acumular tres obxectos "Estrela" para entrar na actividade Quidventure:





Na páxina oficial de Moodle ofrécese máis información sobre as restricións.