1. Cuestionarios e preguntas


Consisten en presentar un conxunto de preguntas que son cualificadas automaticamente. Poden usarse para a autoavaliación do alumnado ou como exames.

Se ofrecemos unha realimentación adecuada no só permiten cualificar, é dicir,  poñer unha nota, senón que posibilitan unha avaliación formativa.

O tipo de preguntas que admiten neste momento:

O paso previo para crear unha proba ou cuestionario é ter un banco con preguntas de calquera dos tipos indicados, e tamén ter ese banco organizado en categorías que as clasifiquen. As categorías poden facer referencia ó contido dos temas, ó tipo de preguntas...

Banco de preguntas