Se non podes visualizar esta mensaxe correctamente preme aquí para acceder ao contido na web
Bo día,
a partir de agora de xeito periódico recibirás correos cun formato similar a este con diversa información.
O obxectivo principal é dar a coñecer os diferentes recursos e posibilidades de uso das aplicacións e servizos dixitais educativos que o profesorado galego ten á súa disposición.
Un dos últimos servizos dixitais educativos en estar operativo é boxAbalar.
Co uso desta aplicación as persoas usuarias poderán acceder aos seus ficheiros dende calquera lugar a través dunha interface web. Tamén ofrece a posibilidade de compartir ficheiros ou cartafoles directamente con outras persoas con conta ou a través da creación de ligazóns públicas que se poden protexer con contrasinal.
Ademais da interface web tamén conta con cliente de escritorio para Windows, Linux, MacOS así como aplicacións para os dispositivos móbiles con sistemas Android ou iOS.
Por defecto, estableceranse dúas cotas de almacenamento máximo na ferramenta:
![]() |
Para máis información visita a páxina do manual de usuario/a facendo clic aquí. |
Para máis información ponte en contacto coa persoa asesora abalar da túa zona.
Fai clic aquí para coñecer en máis detalle o contacto e a distribución xeográfica das asesorías.