4. FUNCIONALIDADES DO SISTEMA

4.5. Mensaxería

Desde o apartado de Mensaxería poderase acceder á listaxe de chats e tamén se poden crear novos chats con outros participantes.

Listado de chats

Dependendo do tipo de chat amosaranse diferentes iconas:

  • privado: cun único destinatario.

  • de difusión: permite enviar mensaxes a varcios destinatarios a modo informativo. As posibles respostas só poderán ser vistas polo/a emisor/a da mensaxe.

  • grupal/sala: conversación onde poden participar varios destinatarios. As posibles respostas serán vistas por todos/as os/as participantes.


Marxe esquerda: Mensaxes sen ler en vermello, Chat pechado estará nunha cor difuminada, Última mensaxe.

Na marxe dereita: + Creación de chats, Data da última mensaxe e Participantes.

Detalle do chat

Ao entrar nun chat amosaranse os seguintes detalles:

Información de apercibimento, que se amosará na parte superior do chat de maneira fixa e indicará cal é o tipo de apercibimento que o docente marcou para o/a alumno/a. No caso de non haber ningún tipo de apercibimento esta información non se amosará.

Conversa, desde a que se poderá comunicar cos participantes enviando mensaxes, ligazóns, imaxes e ter acceso á configuración do chat.

As mensaxes enviadas polo profesorado sairán con fondo azul e as recibidas amosaranse con fondo gris.

O límite de caracteres dunha mensaxe será de 1.000 e iranse descontando visualmente mediante un contador preto da zona de escritura segundo se vaia escribindo.


Marxe dereita: Título do chat, Información de apercibimento, Mensaxe enviada por outro participante, Zona de redacción da mensaxe.

Configuración do chat

Na configuración do chat poderase:

  • Eliminar o chat

  • Admitir ou non admitir respostas

  • Ver os grupos participantes

  • Ver a listaxe de participantes que aceptaron a invitación

  • Ver a listaxe de participantes pendentes de aceptar a invitación


Marxe dereita: Pechar o chat, Usuarios que aceptaron a invitación.

Marxe esquerda: Admitir ou denegar respostas, Grupos participantes, Usuarios pendentes de aceptar a invitación.

Creación de chats

Cando se procede a crear un novo chat amosarase a opción de admitir ou non resposta, tamén se pode poñer un breve título ao chat que describa o tema da conversa.

Na seguinte pantalla débese elixir o tipo de chat que se quere crear: Difusión, Sala, ou Privado.


Ao escoller crear unha mensaxe de Difusión ou Sala deberanse seleccionar os grupos participantes.






Ao escoller crear un chat Privado primeiro hai que localizar o grupo ao que pertence o usuario co que queremos abrir unha conversa privada.


Unha vez seleccionado o grupo, e sempre que estea permitido, poderase seleccionar a opción de apercibimento. A continuación seleccionarase unha das opcións que ofrece o despregable.



Unha vez elixido o grupo e o apercibimento, será posible ver a listaxe de usuarios do mesmo e poderase escoller aos usuarios. Poderemos crear tantos chats privados como usuarios se seleccionen neste paso.

O último paso é común aos tres tipos de chat: solicítase introducir unha mensaxe inicial coa que se abrirá o chat e finalmente premeremos Enviar.






Abrir privados desde chats de Difusión e Sala

Nos chats de tipo Difusión e Sala existe unha opción que vai permitir abrir chats privados cos participantes que se desexe.

Para levar a cabo esta acción deberase acceder a un chat de tipo Difusión ou Sala, e premer de maneira prolongada sobre a mensaxe da persoa coa que queremos abrir un chat privado. Deste xeito amosarase a opción de Privado nun menú contextual.