4. FUNCIONALIDADES DO SISTEMA

4.4. Configuración

A pantalla de configuración permite:

  • Cambiar o idioma da aplicación: Galego e Castelán


  • Configurar os módulos da aplicación.Esta sección permite configurar os módulos que se van a usar na aplicación, así como as notificacións dos mesmos.

    O módulo de Mensaxería está activado por defecto e non se pode desactivar. En canto ao resto de módulos, poderase activar ou desactivar segundo se desexe de maneira independente, e ao mesmo tempo para cada un dos módulos poderase elixir as seguintes opcións de notificacións:

    • Non recibir comunicacións (non se recibirá ningún tipo de notificación)

    • Recibir notificacións (deberase elixir como mínimo unha das opcións)

    • Recibir Correo-electrónico (notificacións vía correo electrónico)

    • Recibir Push (notificacións vía alertas no dispositivo móbil)


  • Amosar o texto legal: Acceso vía web á información de propiedade intelectual, termos de uso, protección de datos, etc

  • Amosar información da aplicación: Información sobre a versión da aplicación, a versión do sistema operativo (SO), así como ligazóns ao aviso legal, ao acceso ás políticas de privacidade e información de contacto.

  • Modificar o PIN de acceso: Para modificar o PIN deberase introducir primeiro o PIN actual e seguidamente introducir o novo PIN.


  • Configurar o PIN de acceso: 

    O PIN solicitarase sempre que se activa a aplicación, ben sexa porque se abre por primeira vez ou ben sexa porque estaba en segundo plano.

    Na pantalla de configuración do PIN poderase modificar o intervalo de tempo que deberá transcorrer desde a última vez que se introduciu o PIN ata que se volve a solicitar.

    Os posibles valores son:

    • Cada 15 minutos

    • Cada 30 minutos

    • Cada 60 minutos

    • Sempre

    Así mesmo tamén se poderá activar nesta pantalla a opción de autenticación mediante os sensores biométricos do dispositivo (pegada dixital ou recoñecemento facial), polo que xa non sería preciso introducir o PIN de maneira manual.