- Instalar o paquete gnome-font-viewer, pechar sesión e iniciar sesión de novo.

- Abrir o navegador na URL http://innoveduca.com/index.php/es/recurso/fuentes-de-letra ou facer clic na seguinte imaxe:

- Elixir a fonte que se desexa instalar e facer clic en Descargar.

- Por defecto o arquivo zip gárdase no cartafol Descargas. Se non é o caso elixir este cartafol para descargar o arquivo.

- Descomprimir o arquivo dentro do cartafol Descargas/escolar_normal e abrir este cartafol,a que contén a fonte descargada.

- Facer dobre clic no arquivo que contén a fonte e na nova ventá que aparece facer clic en Instalar. Unha vez instalada a fonte pechar a ventá

- Para ter en conta os cambios temos 2 opcións:
- Sen pechar sesión do usuario:
- Premer as teclas: <ALT>+<F2> e escribir terminator para abrir unha consola

- Na consola que se acaba de abrir escribir o comando fc-cache -fv e premer a tecla <Enter>:

- Premer as teclas: <ALT>+<F2> e escribir terminator para abrir unha consola
- Pechar sesión do usuario e voltar a iniciar sesión.
- Sen pechar sesión do usuario:
- Abrir LibreOffice Writer (Menú Aplicativos > Ofimática > LibreOffice Writer)

- Escribir o texto:
Por fin estamos na escola e podemos disfrutar! - Seleccionar o texto anterior e escoller a nova fonte instalada: Escolar1.

Fonte Escolar1
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0