Saltar navegación

Sitio Web: Exportación

Se o que queremos desenvolver son contidos para aloxar nun servidor de Internet, o máis sinxelo é exportar a este tipo de formato, en calquera das suas variantes:

  • Cartafol independente
  • Ficheiro Zip

Aínda que se o contido é sinxelo e o podemos integrar nunha soa páxina tamén temos a opción de: Páxina simple

Neste caso imos a facer como exemplo a exportación a arquivo .zip e a integración na aula virtual

Selección formato exportación

Tras ter o contido desenvolto e o proxecto gardada (.elp), prememos na opción que aparece na imaxe:

Establecer nome e ubicación do proxecto

Seleccionamos cartafol onde gardar e nome co que se garda

Confirmación da correcta exportación

Xa para rematar debe aparecer unha mensaxe confirmando a correcta exportación