Instalación de SAMBA

Empregarase o protocolo Samba para a compartición de recursos, de xeito que:

  • Calquera equipo que comparta un recurso deberá estar configurado como un servidor samba.
  • Desde os restantes equipos poderase acceder aos recursos compartidos como clientes de dito servidor (e coas limitacións que se establezan: acceso en modo lectura, lectura e escritura, acceso a determinados usuarios, etc)

Para proceder a instalación de Samba empregaremos o Xestor de paquetes Synaptic, como ferramenta de instalación.

  • Na caixa de texto “Filtro rápido” escribimos o nome do paquete a instalar: “samba”.


  • Unha vez seleccionado, facemos click co botón dereito do rato seleccionamos “marcar para instalar”
  • Marcamos os cambios adicionais requiridos e finalmente facemos click en “Aplicar”
  • Descargaranse os paquetes necesarios para a instalación do protocolo “Samba” e a continuación procederase de xeito automatico á súa instalación. Finalizado o proceso, o paquete instalado aparecerá en cor verde.

  • A partir deste momento xa estamos en condicións de compartir arquivos e/ou carpetas, simplemente editando o arquivo de configuración do protocolo, situado na ruta: /etc/samba/smbd.conf