Compartición de cartafois.
| Sitio: | Aula Virtual |
| Curso: | Introdución a Linux |
| Libro: | Compartición de cartafois. |
| Imprimido por: | Invitado |
| Día: | sábado, 24 de enero de 2026, 11:35 |
Descripción
Compartición de cartafois.
Instalación de SAMBA
Empregarase o protocolo Samba para a compartición de recursos, de xeito que:
- Calquera equipo que comparta un recurso deberá estar configurado como un servidor samba.
- Desde os restantes equipos poderase acceder aos recursos compartidos como clientes de dito servidor (e coas limitacións que se establezan: acceso en modo lectura, lectura e escritura, acceso a determinados usuarios, etc)
Para proceder a instalación de Samba empregaremos o Xestor de paquetes Synaptic, como ferramenta de instalación.
- Na caixa de texto “Filtro rápido” escribimos o nome do paquete a instalar: “samba”.
- Unha vez seleccionado, facemos click co botón dereito do rato seleccionamos “marcar para instalar”
- Marcamos os cambios adicionais requiridos e finalmente facemos click en “Aplicar”
- Descargaranse os paquetes necesarios para a instalación do protocolo “Samba” e a continuación procederase de xeito automatico á súa instalación. Finalizado o proceso, o paquete instalado aparecerá en cor verde.
- A partir deste momento xa estamos en condicións de compartir arquivos e/ou carpetas, simplemente editando o arquivo de configuración do protocolo, situado na ruta: /etc/samba/smbd.conf
Configuración de Samba
Instalación xestor gráfico para configuración de Samba
Aínda que a configuración do Samba se podería establecer editando o arquivo /etc/samba/smb.conf co fin de facilitar ao máximo a configuración do sistema para a compartición de recursos, instalaremos unha utilidade gráfica de xestión para o protocolo Samba: system-config-samba
Neste caso trátase dun paquete que non podemos atopar nos repositorios de Debian, pero podemos descargalo desde LaunchPad e instalalo por medio do xestor de paquetes GDebi.
https://launchpad.net/ubuntu/+archive/primary/+files/system-config-samba_1.2.63-0ubuntu6_all.deb
Se automáticamente non se abre o Instalador de paquetes GDebi, o abrimos, seleccionamos o paquete descargado e prememos en "Instalar Paquete"
Unha vez rematada a instalación, únicamente é preciso crear un arquivo de configuración baleiro, que o podemos facer do seguinte xeito:
- Abrimos un terminal e tecleamos su
- Introducimos o contrasinal de root
- Tecleamos o comando touch /etc/libuser.conf
A partir deste momento xa podemos empregar coa aplicación que acabamos de instalar e que podemos acceder a ela a través do Menú de Aplicativos -->Sistema --> Samba
Configuración do servidor Samba
Dende a aplicación recén instalada imos a configurar os parámetros precisos para poder compartir cartafois do xeito que máis nos interese.
Tras abrir a aplicación, o primeiro que imos a configurar son as opcións do servidor:
- Menú Preferences --> Server Settings
Na lapela Basic, establecemos o nome do grupo que permitirá establecer comunicación entre equipos Windows e Linux, e unha descripción opcional.
Na lapela Security :
-
- No modo de autenticación debería aparecer a opción "User"
- Por defecto a conta de invitado debería estar coa opción "No guest account"
2. Menú Preferencias --> Samba User
Por defecto non debería existir ningún , é preciso crear un para poder acceder aos recursos compartidos dende os equipos cliente, tendo en conta o seguinte:
-
- Os usuarios de samba deben estar ligados a usuarios reais do sistema.
- O acceso dos usuarios samba aos recursos compartidos está condicionado por os permisos dos usuarios reais do sistema; por exemplo se un usuario de samba chamado "usuariosamba", está ligado a un usuario de sistema chamado "usuario",non poderá escribir nunha carpeta compartida por samba en modo lectura e escritura se o usuario do sistema non ten permisos de escritura nela.
- Os nomes dos ususarios samba poden coincidir cos nomes dos usuarios do sistema; imos engadir neste caso un usuario de samba ao que chamaremos "usuario", de contrasinal "usuario" e que esté ligado coa conta "usuario" do sistema
Compartindo recursos
Queda definir os recursos a compartir, para o que accedemos ao Menú File --> Add Share , ou premer na icona +
Na lapela "Basic", establecemos os parámetros do recurso a compartir:
- "Directory" onde indicamos o cartafol a compartir.
- "Share Name" de xeito opcional podemos indicar aquí o nome co que vai aparecer o recurso compartido.
- "Description" Opcional onde podemos aportar algunha descripción sobre o recurso.
- "Writable", se marcamos esta casilla, o recurso compartirase en modo escritura, en caso contrario só lectura.
- "Visible", é preciso marcar esta casilla para que o recurso sexa visible.
Na lapela "Access" indicamos con quen se establece a compartición do recurso.
- Para establecer a compartición a usuarios específicos, marcamos a primeira opción "Only allow access to specific users" e especificamos os usuarios.
- Para permitir o acceso ao recurso compartido a calquera usuario marcamos a opción "Alloy access to everyone"
Por exemplo imos a compartir o cartafol de Descargas do noso equipo, co nome "Descargas_equipo_profesor", en modo só lectura e a calquera usuario e establecendo de xeito que sexa visible.
En resumo debería quedar do seguinte xeito:
Accedendo ao recurso compartido
Dende calquera equipo para acceder ao recurso compartido podemos facelo, dependendo do explorador de arquivos que empreguemos do seguinte xeito:
- Con Thunar
Na barra de direccións tecleamos smb://dirección_ip_do_equipo_que_comparte_recurso,aínda que si prememos na icona "Browse Network" e sabemos o nome do equipo tamén podemos conseguir acceder.
Unha vez que accedemos ao recurso, xa queda montado o acceso como un novo dispositivo no apartado NETWORK de xeito permanente ata que expresamente desmontemos o dispositivo.
- Con Nautilus
Premendo na icona "Conectar a un servidor", e especificando como enderezo do servidor smb://dirección_ip_do_equipo_que_comparte_recurso, aínda que si prememos na icona "Explorar a rede" e sabemos o nome do equipo tamén podemos conseguir acceder.
E unha vez que abrimos o recurso, tamén queda montado o acceso permanentemente, ata que o desexemos: