Os Iniciadores no panel

Un iniciador é un acceso directo a unha determinada aplicación instalada no sistema, de xeito que se poida acceder a ela facendo click sobre a icona representativa da mesma.

Para crear un iniciador no panel inferior de xeito sinxelo faremos o seguinte:

  • Seleccionamos unha aplicación calquera do menú de aplicativos, por exemplo, no menú Multimedia --> Reproductor Multimedia VLC, pero en lugar dun simple click mantemos pulsado o botón esquerdo do rato e o arrastramos fóra do menú.
  • Observaremos que o cursor do rato cambia convertíndose nunha man de cor negra e un signo "+" sobre a icona representativa da aplicación.
  • Finalmente, só resta arrastrar o cursor do rato ata o panel superior para crear o iniciador desa aplicación:

OLLO: Non soltar o botón esquerdo do rato ata finalizar o último dos pasos!!

Menú de aplicativos --> Multimedia --> Reproductor Multimedia VLC

Facemos click en "Crear un iniciador".

A partir deste momento, podemos abrir Reproductor Multimedia VLC facendo click co botón esquerdo do rato no iniciador así creado.

No caso de desexar eliminar algún dos lanzadores existentes no panel, únicamente o seleccionaremos e ao premer o botón dereito do rato, unha das opcións que nos aparece é Eliminar