Configurando o escritorio
| Sitio: | Aula Virtual |
| Curso: | Introdución a Linux |
| Libro: | Configurando o escritorio |
| Impreso por: | Invitado |
| Data: | sábado, 24 de xaneiro de 2026, 11:35 AM |
Descrición
Configurando o escritorio
Configuración do Escritorio
Para acceder a modificar calquera das opcións do escritorio, podemos proceder dende o Menú de Aplicativos --> Configuración --> Escritorio
Dende onde podemos establecer as distintas preferencias sobre 3 lapelas distintas:
- Fondo
Permite cambiar imaxe de fondo así como establecer unha serie de axustes sobre dito fondo, incluso se estamos traballando nun equipo con mais dun dispositivo de vídeo (coma no exemplo), poderíamos establecer as configuracións desexadas de xeito independente para cada unha das saídas.
- Menús
Dende esta lapela establecese a posibilidade de poder habilitar determinadas opcións tanto nos menús de escritorio coma nos menús de ventás.
- Iconas
Permite pesonalizar as iconas de escirtorio e a interactividade coas mesmas.
Os Iniciadores no panel
Un iniciador é un acceso directo a unha determinada aplicación instalada no sistema, de xeito que se poida acceder a ela facendo click sobre a icona representativa da mesma.
Para crear un iniciador no panel inferior de xeito sinxelo faremos o seguinte:
- Seleccionamos unha aplicación calquera do menú de aplicativos, por exemplo, no menú Multimedia --> Reproductor Multimedia VLC, pero en lugar dun simple click mantemos pulsado o botón esquerdo do rato e o arrastramos fóra do menú.
- Observaremos que o cursor do rato cambia convertíndose nunha man de cor negra e un signo "+" sobre a icona representativa da aplicación.
- Finalmente, só resta arrastrar o cursor do rato ata o panel superior para crear o iniciador desa aplicación:
OLLO: Non soltar o botón esquerdo do rato ata finalizar o último dos pasos!!
Menú de aplicativos --> Multimedia --> Reproductor Multimedia VLC
Facemos click en "Crear un iniciador".
A partir deste momento, podemos abrir Reproductor Multimedia VLC facendo click co botón esquerdo do rato no iniciador así creado.
No caso de desexar eliminar algún dos lanzadores existentes no panel, únicamente o seleccionaremos e ao premer o botón dereito do rato, unha das opcións que nos aparece é Eliminar