Compartición de cartafois.
Requisitos do completado
Compartición de cartafois.
Compartindo recursos
Queda definir os recursos a compartir, para o que accedemos ao Menú File --> Add Share , ou premer na icona +
Na lapela "Basic", establecemos os parámetros do recurso a compartir:
- "Directory" onde indicamos o cartafol a compartir.
- "Share Name" de xeito opcional podemos indicar aquí o nome co que vai aparecer o recurso compartido.
- "Description" Opcional onde podemos aportar algunha descripción sobre o recurso.
- "Writable", se marcamos esta casilla, o recurso compartirase en modo escritura, en caso contrario só lectura.
- "Visible", é preciso marcar esta casilla para que o recurso sexa visible.
Na lapela "Access" indicamos con quen se establece a compartición do recurso.
- Para establecer a compartición a usuarios específicos, marcamos a primeira opción "Only allow access to specific users" e especificamos os usuarios.
- Para permitir o acceso ao recurso compartido a calquera usuario marcamos a opción "Alloy access to everyone"
Por exemplo imos a compartir o cartafol de Descargas do noso equipo, co nome "Descargas_equipo_profesor", en modo só lectura e a calquera usuario e establecendo de xeito que sexa visible.
En resumo debería quedar do seguinte xeito: