Configuración de Samba

Instalación xestor gráfico para configuración de Samba

Aínda que a configuración do Samba se podería establecer editando o arquivo /etc/samba/smb.conf  co fin de facilitar ao máximo a configuración do sistema para a compartición de recursos, instalaremos unha utilidade gráfica de xestión para o protocolo Samba: system-config-samba

Neste caso trátase dun paquete que non podemos atopar nos repositorios de Debian, pero podemos descargalo desde LaunchPad e instalalo por medio do xestor de paquetes GDebi.

https://launchpad.net/ubuntu/+archive/primary/+files/system-config-samba_1.2.63-0ubuntu6_all.deb

Se automáticamente non se abre o Instalador de paquetes GDebi, o abrimos, seleccionamos o paquete descargado e prememos en "Instalar Paquete"

Unha vez rematada a instalación, únicamente é preciso crear un arquivo de configuración baleiro, que o podemos facer do seguinte xeito:

  •  Abrimos un terminal e tecleamos su
  • Introducimos o contrasinal de root
  • Tecleamos o comando touch /etc/libuser.conf

A partir deste momento xa podemos empregar coa aplicación que acabamos de instalar e que podemos acceder a ela a través do Menú de Aplicativos -->Sistema --> Samba

Configuración do servidor Samba

Dende a aplicación recén instalada imos a configurar os parámetros precisos para poder compartir cartafois do xeito que máis nos interese.

Tras abrir a aplicación, o primeiro que imos a configurar son as opcións do servidor:

  1. Menú Preferences --> Server Settings

Na lapela Basic, establecemos o nome do grupo que permitirá establecer comunicación entre equipos Windows e Linux, e unha descripción opcional.

Na lapela Security :

    • No modo de autenticación debería aparecer a opción "User"
    • Por defecto a conta de invitado debería estar coa opción "No guest account"

2. Menú Preferencias --> Samba User

Por defecto non debería existir ningún , é preciso crear un para poder acceder aos recursos compartidos dende os equipos cliente, tendo en conta o seguinte:

    • Os usuarios de samba deben estar ligados a usuarios reais do sistema.
    • O acceso dos usuarios samba aos recursos compartidos está condicionado por os permisos dos usuarios reais do sistema; por exemplo se un usuario de samba chamado "usuariosamba", está ligado a un usuario de sistema chamado "usuario",non poderá escribir nunha carpeta compartida por samba en modo lectura e escritura se o usuario do sistema non ten permisos de escritura nela.

    • Os nomes dos ususarios samba poden coincidir cos nomes dos usuarios do sistema; imos engadir neste caso un usuario de samba ao que chamaremos "usuario", de contrasinal "usuario" e que esté ligado coa conta "usuario" do sistema