Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

Obter un resumo ou chatear cun vídeo de Youtube

Por webmaster, 29 Xaneiro, 2024

En moitas ocasións non dispoñemos do tempo necesario para visualizar un vídeo de forma completa, ou é posible que o visualizáramos nun momento anterior, pero ao querer revisalo ou afianzalo, resulta moi cómodo pode facer preguntas específicas ao mesmo.

Aínda que un resumo podemos obtelo a través do chatgpt solicitan un resumo da transcrición, para simplificar o proceso podemos empregar distintas ferramentas como as seguintes: 

A. Summarize

 

Inserimos a url e prememos en Submit. O sistema imprime un resumo en inglés, independentemente que o audio do vídeo estea noutro idioma. Teremos que botar man dun tradutor, por exemplo, https://www.deepl.com/es/translator 

Podemos facer unha práctica co seguinte vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=iFnKMUJc--A

E obtemos algo parecido ao seguinte: 
"En el vídeo de YouTube "Aparato digestivo: Anatomía y funcionamiento (3º ESO)", el presentador explora la anatomía y el funcionamiento del aparato digestivo, centrándose en los órganos implicados y en los procesos que transforman los alimentos en nutrientes. El aparato digestivo incluye el tubo digestivo continuo, formado por estructuras como la boca, el esófago, el estómago y los intestinos, y glándulas digestivas como las glándulas salivales, el hígado y el páncreas...."

No caso de empregar Google Translate, podemos traducilo resumo ao galego

"No vídeo de YouTube "Aparato digestivo: Anatomía y funcionamiento (3º ESO)", o presentador explora a anatomía e a función do aparello dixestivo, centrándose nos órganos implicados e nos procesos que transforman os alimentos en nutrientes. O sistema dixestivo inclúe o tubo dixestivo continuo, formado por estruturas como a boca, o esófago, o estómago e os intestinos, e as glándulas dixestivas como as glándulas salivares, o fígado e o páncreas..." 
 

 

B. Recap

 

Esta ferramenta require o rexistro por parte do usuario. Pode resultar moi interesante, pois facilita un resumo por intervalos de tempo e ademais facilitan una captura do vídeo para que nos sexa máis sinxelo  o proceso de repasar unha sección en concreto. 
 

 

c. Empregando Edge - Copilot


Se abrimos un vídeo de Youtube con Edge, o aplicativo Copilot detecta de forma automatica que temos un vídeo de Youtube aberto e ofrécenos un resumo: 

 

Dámoslle permiso para que acceda ao contido da páxina e clic en "Confirmar e continuar a charlar" 
 

E obtemos algo así: 
 

E ademais podemos facerlle preguntas ao vídeo

E obtemos algo así, que non só  
 

 

 

D. Perplexity

 

A ferramenta Perplexity tamén nos permite acceder aos contidos dun vídeo e posteriormente a chatear co mesmo. Sen embargo debemos activar o botón Copilot 
 

E xa desde o prompt, podemos chatear co vídeo para procurar respostas concretas:

E obtemos unha resposta similar á seguinte: 
"Segundo o vídeo, unha célula é a unidade morfolóxica e funcional de todo ser vivo, é dicir, é o elemento de menor tamaño que pode ser considerado vivo. As células son os bloques construtivos básicos dos seres vivos e poden ser clasificadas en dous grupos principais: eucariotas, que posúen núcleo e organelas envoltas por membranas, e procariotas, que non posúen núcleo definido. Cada célula é un sistema aberto que realiza trocas de materia e enerxía co medio, e dentro dela ocorren todas as funcións vitais, como nutrición, relación co ambiente e reprodución"

Canle RSS