As presentacións constitúen un recurso moi empregado polos docentes. Serven para acompañar a estes durante a exposición dun tema ao gran grupo. Non obstante a súa elaboración coas ferramentas habituais: Impress, Powerpoint, Latex, etc. consume moito tempo, xa que teñen que repensar a estrutura do documento, os textos, inserir as imaxes, compoñer a súa colocación en cada una das diapositivas, etc.
A intelixencia artificial pode axudar neste proceso. O docente pode xerar unha ou varias presentacións e a partir dos resultados obtidos ir deseñando unha definitiva. Con seguridade aforrará tempo na procura de imaxes, no deseño, etc. Velaquí dispoñemos varias alternativas:
1. Gamma

Prememos en "+ Crear nuevo ai"

O aplicativo ofrece tres posibilidades: Crear unha presentación, un documento ou páxina web a partir dun texto que lle facilitemos, xerar unha presentación a partir dunha instrución ou ben importar unha presentación xa feita ou algún documento para crear una nova

Por exemplo, escollendo a opción de xerar a partir dunha instrución, e introducindo o seguinte prompt ou título: "Las causas históricas del conflicto entre Israel y Palestina", obteremos algo así:

No apartado de Compartir, o aplicativo ofrece varias alternativas: compartir publicamente, exportar a pdf ou a pptx ou código para inserir a presentación nunha páxina web ou aula virtual
2. Tome

Para comezar a crear presentacións hai que pinchar en Create

E escolleremos neste exemplo a opción de "Create presentation about" no selector

E introdúcese a temática da presentación, por exemplo: "As cantigas de amigo e as cantigas e amor en galego". A páxina permítenos escoller a plantilla, é dicir, o aspecto de cada unha das diapositivas da presentación. E xeramos todas as páxinas:
No caso de Tome non permite exportar coa contra gratuita a pdf nin a Powerpoint, sen embargo non deixa de ser un produto ben interesante para un docente.
3. Creación dunha presentación con código Latex coa axuda dun modelo AI

Nesta ocasión imos empregar Bing Copilot, pois non só xerará o código senón ademais tamén nos facilitará as imaxes
Podes facilitarme o código dunha presentación en formato Latex Beamer e cun formato Madrid e en idioma galego, coas diapositivas necesarias para tratar o tema de "As cantigas de amigo e as cantigas de amor", asumindo que tes un rol de Profesor de ensino secundario coa especialidade de Lingua e Literatura galega e que a presentación vai destinada a alumnos de 3ºESO de Galicia, España, adaptando aos contidos ao seu nivel de comprensión e ademais propoñendo un conxunto de imaxes que acompañen a presentación?
Dirixímonos á páxina de Overleaf, accedemos e creamos un proxecto en branco:

E borramos o código e pegamos o código xerado por Copilot
https://www.overleaf.com/project/65b23ae868e830eb8be6cde2
