
O aplicativo ChatGPT é moi interesante pois podemos dialogar coa AI, podéndonos servir de asitente: lugares a visitar de interese, que nos responda a calquera cuestión, recomendacións alimenticias, trucos, etc. Pero o interesante é que non é necesario escribir os prompts, xa que podemos inserilos de maneira oral.

E premendo na icona dos auriculares, permítenos manter unha conversa fluída en calquera idioma sen necesidade de premer en ningún botón. Por exemplo podemos manter unha conversa en inglés. Cando non entendemos algo, podemos dicirlle que nos faga unha tradución ao galego, por exemplo. Polo tanto trátase dun sistema fantástico para a aprendizaxe de idiomas.

