Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

Como escribir prompts para Chatgpt

Por webmaster, 24 Xaneiro, 2024
AI

Que son os prompts?

Son as instrucións que lle proporcionamos a ChatGPT para que faga o que queremos

1. Instruccións xenéricas

"Escribe un texto sobre a fotosíntese"

Obtemos un resultado xenérico, que non se adapta á capacidade de comprensión dun alumno de sexto de primaria, e valería tanto para un estudante de Bioloxía, como calquera persoa interesada na bioloxía. No caso de querer obter unha resposta máis específica, teremos que axustar o prompt, detallando todos aqueles aspectos que desexamos que teña en conta a AI á hora de dar unha resposta.

2. Prompts detallados

"Escribe un texto  de lectura comprensiva cunhas 500 palabras en galego para o nivel de 6º de educación primaria de Galicia, España que resuma o proceso da fotosíntese. Debe incluír un parágrafo de introdución, definición de todos os procesos, diferenciando que é a fotosíntese e que é a respiración dunha planta. Debe rematar cun parágrafo final sobe a importancia para o ser humano da preservación do medio en xeral e da fotosíntese en particular "

Tamén é posible que sexa o usuario quen lle aporte a información específica e non deixar que sexa a AI a que decida cal é a información relevante. Por exemplo, pódese pedir a chatgpt que xere un conxunto de preguntas tipo test a partir dun texto en concreto. Por exemplo, podemos aportarlle o texto que facilita a Khanacademy.org

A partir exclusivamente do contido deste texto sobre a fotosíntese:
“[PEGAR O TEXTO]”
Escribe 10 preguntas tipo test e tres posibles respostas (a, b, c), en idioma galego, en formato táboa, sobre a fotosíntese nas plantas para un nivel de 6º curso de primaria de Galicia, España, que sirvan como avaliación da compresión lectora do texto.
Enumera as preguntas e escribe ademais a resposta correcta para cada unha delas.

No caso no que o ChatGpt non imprima en galego, por exemplo, podemos indicarlle que reescriba a táboa en galego. Isto é posible xa que conta cunha memoria conversacional.

3. Asignarlle á AI un rol 

Resulta moi diferente que a función de nutrición a explique un mestre que un médico. Para o alumnado de 6º de primaria son moito máis apropiadas a explicacións dun docente, cunha terminoloxía sinxela, cun vocabulario familiar que os tecnicismos que pode aportar un doctor que seguro que son fabulosos pero non para un neno.

Actúa como un mestre de primaria xeneralista en Galicia, España, con experiencia dilatada explicando e avaliando aos rapaces de 6º de primaria.
Escribe 10 pregunta de tipo test en idioma galego e con formato variado, como pode se resposta múltiple, verdadeiro/falso, encher ocos, etc. Sobre a función de nutrición, aparellos que interveñen na nutrición, a respiración das células para o nivel de 6º de primaria en Galicia.
Enumera as preguntas e escribe a resposta correcta para cada unha delas.

A modo de proba, podemos cambiar o rol e substituílo para "Es un médico especialista do aparello dixestivo" e comprobar se as preguntas que xera son máis técnicas e menos xenéricas ou non.

4. Aportar exemplos

A intelixencia artificial trata de complacernos, pero en ocasións non somos todo o preciso que deberiamos, e un exemplo pode facilitar esa comunicación.

Actúa como un mestre de primaria xeneralista en Galicia, España, con experiencia dilatada explicando e avaliando aos rapaces de 6º de primaria.
Escribe 5 pregunta de tipo test en idioma galego en formato latex con sumas, restas, multiplicación e división de fraccións.
Para redactar as preguntas segue o seguinte modelo:

Numera as preguntas e escribe a resposta correcta para cada unha delas.
6. Permitir que o chatgpt sexa creativo

O chatgtp pode aportarnos ideas que nos permitan innovar e cambiar a metodoloxía da aula e saír dun circuíto de aprendizaxe que teñamos instaurado co paso dos anos.

Es un mestre de primaria xeneralista en Galicia, España, con experiencia dilatada explicando e avaliando aos rapaces de 6º de primaria e especialista na apredizaxe baseada en traballo por proxectos (ABP)
Escribe 5 ideas para desenvolver na aula para un nivel de 6º de primaria de Galicia, España e para a materia de ciencias da natureza  o tema da enerxía, as fontes de enerxía e a enerxía eléctrica, aplicando unha metodoloxía ABP.

Sempre debemos ter claro que podemos establecer unha conversación co chat, matizando as peticións, solicitando as correccións pertinentes, etc. Isto é posibe, como xa dixemos, grazas á memoria conversacional.

Por exemplo, se nos gusta un dos proxectos que nos propón, podemos solicitarlle que cree unha táboa co material necesario, unha temporalización, instrucións para darlle ao alumnado, que xere unha rúbrica, etc.

Canle RSS