Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

Aprendendo matemáticas con JavaScript

Por webmaster, 14 Setembro, 2023

Javascript  pode resultar un recurso interesante para empregalo nalgunha ocasión na área de matemáticas. Non se trata de ensinarlle a programar aos nenos, o obxectivo é o análise das matemáticas desde un punto de vista complementario, onde as funcións, as variables, matrices pasen a ser recursos significativos para o alumnado. Pero o certo é que a programación pódese empregar noutras materias, como a Física ou a Tecnoloxía. Os alumnos poden programar algoritmos que resolvan os problemas.

Para utilizalo na aula, tan só é necesario o navegador. Ao premer na tecla F12 abrimos as ferramentas de desenvolvemento do navegador e unha vez alí, pincharemos na icona da consola e comezaremos a escribir pequenos programas en función da materia que se trate. Tamén podemos empregar editores online como jsfiddle.net ou codepen.io, por exemplo (non esquecer pinchar en Console)

1. A Resta

var num1 = 2
var num2 =-4
console.log (resta(num1, num2))

function resta (a, b){
  return (a-b)
}

que empregando a punta de frecha, pode quedar do seguinte xeito:

var num1 = 2
var num2 =-4
console.log (resta(num1, num2))
var resta = (a, b) => (a-b)

2. A División

var dividendo = 2942
var divisor = 9
var resultado = dividir(dividendo,divisor)
console.log("Cociente = " + resultado[0])
console.log("Resto = " + resultado[1])

function dividir(a, b){
var div =[]
div[0] =  Math.floor(a/b)
div[1] = (a%b)
return div;
}
Canle RSS