Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

Quizizz. Creación de cuestionarios coa AI

Por webmaster, 18 Xaneiro, 2024
AI

Quizizz.com

O Quizizz non é produto novo, xa leva anos no mercado. Pero o que resulta novedoso é a posibilidade de crear cuestionarios de maneira automatizada.

1. Rexistrámonos e accedemos 

2. Podemos reutilizar os cuestionarios xa feitos por outros docentes, incluso modificalos para adaptalos ás nosas preferencias.

3. Premer en "Crear", na pantalla principal

4. Seleccionar Exame
 

5. Aínda que o sistema ofrece varias formas de crear o exame, neste caso empregaremos a de "Convertir UL en cuestionario". 

 

 

É dicir, facilitámoslle a url dun vídeo de youtube e a AI encárgase de contruír o cuestionario de forma automatizada. Por exemplo empregamos o seguinte vídeo onde explican de forma moi didáctica a célula eucariota

https://youtu.be/vqpNcsDSPbQ?si=WyvRa2ywImEabjzM
 

Introducimos a url e o número de preguntas a xerar, e xeramos as preguntas:

6.  No caso de que non o queiramos modificar ou engadir novas preguntas, prememos en Publicar

e categorizamos a proba para que sexa útil para outros docentes

7. No caso dun centro edixgal, xa poderiamos comezar o exame, pois todos os rapaces teñen un dispositivo. Podemos definir o ritmo de resposta: clásico ou ritmo marcado polo docente
 

Dá varias posibilidades de configuración en función das nosas preferencias. Prememos no fondo da páxina en Continuar
 

8. Facilitamos ao alumnado a url e código da proba. Cando todos os alumnos e alumnas aparezan como Participantes, prememos en iniciar
 

 

E comeza a proba!

 

Canle RSS