Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

Spectacle. Capturador de pantalla

Por webmaster, 12 Xaneiro, 2024
GNU-Linux

Spectable é un programa moi interesante para a captura de pantalla. Para a súa instalación empregaremos os paquetes snap para que a instrución de instalación sexa válidas para calquera distribución gnuLinux, e para iso o primeiro que temos que instalar é o programa Snap, no caso de que xa non tiveramos instalado:

sudo apt install snapd

sudo snap install core

E unha vez instalado, procedemos coa instalación do Spectacle:

sudo snap install spectacle

Na páxina de snaphub dispoñemos de centros de programas para instalar empregando os paquetes Snap



https://snapcraft.io/

Pero o sistema de instalación Snap non resolve ben a integración no menú. O programa queda instalado na ruta /snap e dentro das carpetas xa nos deixan un ficheiros snapcrat.io. Copiamos o ficheiro /snap/spectacle/179/meta/gui/spectacle.desktop no cartafol 
 /home/usuario/.local/share/applications/spectacle.desktop
 

cp /snap/spectacle/179/meta/gui/spectacle.desktop  /home/usuario/.local/share/applications/spectacle.desktop
 

Modificamos o ficheiro  /home/usuario/.local/share/applications/spectacle.desktop

E con control + h modificamos todas as coincidencias no documento de:


Exec=spectacle 

por 


Exec=/snap/bin/spectacle
 

 

Canle RSS