Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

Resumir o contido dunha páxina web e procurar dentro dun empregando Perplexity

Por webmaster, 12 Xaneiro, 2024
AI

Cando procuramos información nun buscador como Google este ofrécenos como resultado moitas páxinas que poden interesar, non obstante non dispoñemos de tanto tempo como quixéramos para analizalas en detalle sen ter claro que o seu contido nos interesa. Un bo recurso para obter un primeiro resumo da páxina web é a intelixencia artificial, facendo un copia e pega e pedindo que faga un resumo do contido. Pero vexamos o que pode facer por nós a extensión de Perplexity:
 

1. Dirixímonos á tenda de extensións de Google Chrome:

https://chromewebstore.google.com/category/extensions?hl=es

2. Procuramos a extensión Perplexity e engadímola a Chrome

 

 

3. Prememos en Add extension

4. Para tela sempre a man, prememos no xestor de extensións e seguidamente na chincheta

5. Procuramos o resumo da seguinte páxina web: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42065

6. Procurar dentro dun dominio

Canle RSS